Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/02/2024 | Actualizada ás 20:29
Alfonso Rueda podería continuar como presidente da Xunta e cunha maioría absoluta confortable, a pesar de perder entre dous e tres escanos, xa que se move entre 38 e 40 parlamentarios segundo as enquisas de GAD3 para a TVG, Sondaxe para La Voz e Sigma2 para El Mundo.
Precisamente, esta última enquisa é a que dá o límite para o PPdeG que se movería entre 38 e 40 escanos, mentres que o BNG subiría a entre 24 e 25 e o PSdeG baixaría a entre 10 e 12. Democracia Ourensana podería entrar cun parlamentario.
Na de GAD3 para a TVG, o PPdeG obtería entre 39 e 40 escanos, o BNG sería a forza que máis subiría, entre cinco e seis escanos, para quedar entre os 24 e 25, mentres que o PSdeG baixaría dos 14 actuais a nove ou dez. Democracia Ourensana podería tamén entrar na Cámara galega cun escano.
O PP situaríase un escano por encima do listón da maioría absoluta en Galicia ao conseguir 39 escanos, o BNG subiría a 25 deputados e o PSdeG retrocedería de 14 a 11 prazas no Parlamento galego. Nesta enquisa, Democracia Ourensana non entraría.
O que sí coinciden as tres enquisas é que nin Sumar, nin Podemos, nin Vox terían representación na Cámara galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.