Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2024 | Actualizada ás 20:34
Un traballador faleceu na tarde deste luns ao sufrir unha caída cando traballaba nunha empresa situada na rúa Titanio, no polígono de Bértoa, en Carballo. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia avisaron do suceso sobre as 18.15 horas á Central do 112.
Nesta comunicación indicaban que un traballador caera dunha certa altura neste punto e que se mobilizou a aeronave medicalizada con base en Santiago de Compostela ata o lugar. A maiores, desde o 112 Galicia tamén se informou do sucedido aos axentes da Policía Local e da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Carballo. Finalmente, o persoal sanitario confirmou que a pesar dos esforzos, non se puido facer nada por salvar a vida do traballador.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.