Detido un home por tráfico de drogas no Ensanche de Santiago

O arresto produciuse na tarde do pasado mércores nun edificio da rúa da Rosa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/02/2024 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

Un home foi detido pola Policía Nacional no Ensanche de Santiago de Compostela acusado de traficar con sustancias estupefacientes. O arresto produciuse na tarde do pasado mércores nun edificio da rúa da Rosa, segundo trasladaron fontes coñecedoras do caso.

A detención tivo lugar ao redor das 19,30 horas do mércores nunha vivenda da citada rúa do Ensanche compostelán, como apuntaron veciños da zona.

Rúa da Rosa, en Santiago de Compostela
Rúa da Rosa, en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta