O Concello de Cambre recorre a dous contratos ponte para garantir a subministración de combustible

Para os coches, maquinaria e instalacións municipais.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/03/2024 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O Concello de Cambre recorreu a dous contratos menores para contratar a subministración de combustibles (gasóleo, gasolina e GLP) para os coches, maquinaria e instalacións municipais. Trátase, como explican desde o goberno local, de contratos ponte.

"Isto é, dunha medida puntual, excepcional e inaprazable coa que se busca liquidar a falta actual de subministración ata a licitación dos pregos en aberto", informa. "O persoal técnico está a traballar xa na actualización destes pregos, que están en Contratación (dependente de Secretaría) desde o ano 2020", explica o consistorio.

"A expensas de que continúe a tramitación e co fin de non minguar os servizos e prestacións aos veciños e veciñas, sacáronse a licitación dous contratos menores", engade. Ademais, explica que un é, por unha banda, un para cubrir a subministración de combustible de 32 vehículos e máquinas da frota municipal e, polo outro, un segundo contrato para o consumo de gasóleo e GLP de varios edificios e instalacións municipais.

Concello de Cambre
Concello de Cambre | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta