O prezo medio da gasolina volveu a tocar esta semana a un novo máximo anual despois de encadear o seu décimoquinta subida, co que xa acumula un encarecemento de máis do 10 % no que vai de ano, situándose nos 1,687 euros por litro.
  comenta   0
O prezo medio da gasolina tocou esta semana a un novo máximo anual despois de encadear máis de tres meses de alzas, co que xa acumula un encarecemento do 10 % no que vai de ano, situándose nos 1,686 euros.
  comenta   0
O vicepresidente da Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes), Julio López, asegura que "hai moita oferta de produto e a demanda está a resentirse", o que é "unha boísima nova para os gasolineiros" e "trasládase aos monolitos con prezos moi baixos e descontos de ata 40 céntimos por litro en certas operadoras".
  comenta   0
"424 oportunidades de atopar o coche ideal con aforro, todas as garantías, facilidades de financiamento e entrega inmediata", din dende a organización do 14º Salón do Automóbil-Vehículo de Ocasión, evento que se celebra en Expourense do 23 ao 26 de novembro.
  comenta   0
A maior parte deste tipo de vehículos condúcenos persoas de entre 31 e 65 anos, mentres que representa o 5,6 % dos vehículos conducidos por mozos, entre 18 e 30 anos, segundo datos da Unión Española de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras (Unespa) en colaboración con Tirea e Centro Zaragoza.
  comenta   0
O balance anual segue reflectindo un descenso na venda de coches eléctricos, xa que os de diésel e gasolina seguen á cabeza.
  comenta   0
Galicia sitúase na media, con case 37 euros no caso de coches gasolina e 44,78 euros para os vehículos diésel.
  comenta   0
Oito meses despois de que o diésel volvese a cumprir esa norma non escrita do mundo dos combustibles no que sempre é máis barato que a gasolina, as tornas volven invertirse. A finais desta semana todas as estacións de servizo terán o litro de gasóleo máis caro que o de gasolina.
  comenta   0
En concreto, a gasolina baixou un 0,45 % con respecto a fai sete días, para situarse nos 1,751 euros, afastándose así do máximo anual ao que escalara a pasada semana (1,759 euros). O diésel encadeou xa a súa décimo terceira semana consecutiva de subidas, cun encarecemento do 0,11 % na última semana, para alcanzar os 1,687 euros o litro, un nivel que non marcaba desde finais de xaneiro
  comenta   0
Unha das dúas persoas feridas no incendio xerado pola deflagración dunha máquina rozadoira en Carnota faleceu ao mediodía deste martes mentres estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Mentres tanto, a muller continúa ingresada e en estado grave.
  comenta   0
Setembro chega cun moi mal prognóstico: o prezo do litro de gasolina en Galicia custa, de media, 1,751 euros; e o de diésel, 1,648, case seis céntimos e case dez máis, respectivamente, que ao comezo do mes de agosto. No 2021 o litro de gasolina 95 custaba nas estacións de servizo galegas 1,449 euros (a frioleira de 30 céntimos menos que na actualidade), e o de gasóleo A, 1,296 (uns 35 céntimos menos).
  comenta   0
O prezo de ambos os carburantes consolídase amplamente por encima dos niveis aos que ascendían antes do estalido da guerra de Ucraína pola invasión rusa que comezou o 24 de febreiro de 2022 e que, no caso do diésel, era de 1,479 euros por litro, e, para a gasolina, de 1,594 euros por litro.
  comenta   0
A gasolina 95 encareceuse no último mes oito céntimos, chegando aos 1,693 euros por litro; mentres que o gasóleo subiu nove céntimos, ata os 1,549 euros por litro.
  comenta   0
O transporte marítimo de mercadorías cargadas e descargadas nos portos galegos e os viaxeiros nos hoteis sofren descensos en torno ao 10%.
  comenta   0
O indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia apunta a un crecemento estancado dun 1,2%, lonxe do 3,2% do verán.
  comenta   0
O prezo da gasolina sen chumbo de 95 mantense en España por baixo da media da Unión Europea, situada en 1,73 euros o litro, e da eurozona, cun prezo medio de 1,78 euros.
  comenta   0
A maioría de vehículos actualmente teñen etiqueta tipo B e C, o que implica que terán que adaptarse a certas restriccións, como entrar ás urbes só en determinadas franxas horarias ou aparcar en párking.
  comenta   1