Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2024 | Actualizada ás 15:36
Galicia rexistrou 2.286 matriculacións de coches en abril, un 19,2% máis que no mesmo mes de 2023, segundo os datos das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam). Este tirón está protagonizado polo aumento de vendas de vehículos eléctricos e híbridos, que se disparan un 33,8%, ata 1.279, máis que a cota conxunta de coches de gasolina e gasóleo.
No entanto, o crecemento das vendas de coches novos en Galicia é catro puntos inferior á media española, que sobe un 23%. A cota de mercado galega é do 2,5% do conxunto do país. O avance dos eléctricos na comunidade tamén está catro puntos por baixo do 37,1% de España de aumento interanual. Tamén soben as vendas de coches de gasolina en Galicia, un 17,6% máis, con 780 matriculacións. En cambio, esborrállanse as de coches diésel (-24%), con só 227.
No tocante ao conxunto do cuadrimestre, as matriculacións na comunidade foron 9.056, de forma que houbo unha subida do 15,8% respecto ao mesmo período de 2023. Neste caso supón o dobre do 7,8% de ascenso entre xaneiro e abril no país.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.