Propietarios da granxa de Manzaneda que tivo que sacrificar 49 vacas ao detectar 3 con tuberculose: "Estamos abandonados"

Unha concentración do Sindicato Labrego reclama indemnizacións "xustas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2024 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

Os propietarios da granxa de Manzaneda que sacrificaron a todas as súas vacas por mor dun brote de tuberculose, Secundino e Luís, protestaron este mércores ante a Xunta, en Santiago, acompañados de veciños e membros do Sindicato Labrego Galego (SLG). "Sentímonos abandonados porque vemos que non van ser suficiente as axudas que nos van a dar", claman.

O Sindicato Labrego convocou esta concentración en San Caetano polo plan de saneamento fronte á tuberculose bovina, contra o sacrificio obrigatorio de animais e as indemnizacións "de miseria". Os participantes portaban unha pancarta na que se podía ler: 'A Xunta quer matar vacas sans. As labregas esiximos respeito'. Alí, fixeron soar cencerros, bucinas e chifres. Estes irmáns explican que tres animais deron positivo en cultivo e "xa non se fixo ningunha proba máis, directamente baleirado sanitario". Así, a Xunta sacrificou a 49 cabezas de vacas e becerros, ademais de tres ovellas e unha cabra.

Estes gandeiros da aldea de Palleirós, en Manzaneda, calculan unha perda de ao redor de máis de 800 euros por vaca e agora teñen que estar seis meses paralizados co baleirado. "Como non sabemos nada do que nos van a pagar, estamos aínda en dúbidas do que facer", explican sobre o seu futuro, pois lembran que a compra dunha vaca supón un custo de 2.000 euros por cabeza. "Para repor o que tiñamos é practicamente imposible. Estamos sen saber o que poder facer", afirman.

"Despois de pedir tres ou catro veces que nos recibise o conselleiro, non nos recibiu absolutamente ninguén". "A día de hoxe aínda non tivemos contestación do que imos cobrar por parte da Xunta de Galicia nin por parte do matadoiro", denuncia Secundino. "Matamos aos animais e aínda non sabemos que indemnización imos recibir", agrega.

O SLG RECLAMA INDEMNIZACIÓNS "XUSTAS"

Respecto diso, a secretaria xeral de SLG, Isabel Vilalba, demanda que se minice matar animais sans e que as indemnizacións sexan "xustas" porque "son insuficientes totalmente". Lembra que o ano pasado matáronse a 400 animais do mesmo titular na Terra Chá. Require á Xunta que sente coa granxa para coñecer a súa situación e as opcións que ten. "Pregúntome se cando haxa un positivo nunha granxa, destas que lle gusta tanto visitar ao conselleiro, de mil vacas, van matar ás 999 restantes?", cuestiona. "Non imos parar aquí", avisa.

Avanza que levarán este tema aos grupos parlamentarios e tratará a cuestión co Ministerio de Agricultura ao ser un plan estatal de erradicación da tuberculose. Con motivo do sacrificio de reses, a Consellería de Medio Rural trasladou no seu día a Europa Press que "o sacrificio obrigatorio" dos animais da explotación afectada determínase "tras a confirmación laboratorial da existencia de tuberculose bovina nela, co que se busca atallar o foco da enfermidade para así poder dar unha viabilidade futura á explotación afectada e protexer ás restantes explotacións libres de Galicia".

Protesta do SLG ante a Xunta
Protesta do SLG ante a Xunta | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta