Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2024 | Actualizada ás 09:54
O incendio forestal sen control que afecta o municipio pontevedrés de Crecente arrasa xa 170 hectáreas, segundo a última estimación da Consellería de Medio Rural.
Medio Rural informa de que o lume, iniciado na tarde do luns en tres focos simultáneos na parroquia de Angudes, está estabilizado desde as 14,40 horas, polo que segue sen darse por controlado. Nas tarefas de extinción participaron de forma acumulada: catro helicópteros, dous avións, 23 motobombas, dúas pas, 50 brigadas, 26 axentes e tres técnicos.
INTENCIONADO
O alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, asegura que "non hai ningunha dúbida" de que o incendio iniciado en tres focos diferentes no municipio "foi intencionado".
"Estamos a falar de tres incendios, unha cousa é que haxa un incendio e outra cousa é que haxa tres e en diferentes parroquias", afirmou en declaracións a Europa Press este martes. García-Luengo indica que non hai "perigo" para vivendas na zona de Angudes, pero "está xusto" en zona próxima. Explica que "pola noite foi horrible o vento", aínda que esta mañá de martes "está máis tranquilo". Espera que mellore a situación en próximas horas.
Na zona traballaron ata o momento un técnico, once axentes, 21 brigadas, seis motobombas, dúas pas, dous avións e dous helicópteros.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Excarcerados dous ocupantes dun coche que chocou contra varios vehículos en Ourense
- Billetes falsos, miles de agullas e tintas de tatuaxe de contrabando incautadas na Coruña
- Choca contra un sinal e queda no medio da estrada tras conducir borracho
- Unha persoa queda atrapada entre o seu motocultor e un muro mentres traballaba nunha leira en Vilanova de Arousa
- Detido un veciño de Carballo que se atrincheirou na súa casa tras disparar a outro
- Diagnostican en Vigo un raro caso de apendicitis: unha muller de 68 anos que tiña o apéndice no lado esquerdo