A transitoriedade

" E somentes preservando as nosas enerxías autóctonas, a nosa capacidade creadora, é como poderemos contribuír á civilización universal incorporando a ela as nosas creacións inéditas.” Castelao

Por Fermín Paz | As Pontes | 24/04/2024

Comparte esta noticia
Non vou falar de política, nin tan sequera da transición do 1.978. Se acaso un chisco no remate. Ao meu entender a eternidade ten menos posibilidades de sobrevivir que a evolución e o cambio. Non vou desenvolver ningunha tese  xa que a miña capacidade ten limitacións.
 
Poderíase pensar que o tema da transitoriedade é algo negativo, que nos convida a filosofía  da nada, a ese nihilismo xerador de sentimentos da desesperanza; para min, é máis ben un convite para facer antes que deixarme ir e non acreditar mais que nun mesmo. Namentres  vivamos no mundo, o mellor consello que recibín  e que fixen meu, é ter minimamente clarificado a conciencia de quen son, do verdadeiro significado da amizade, da lealdade e da solidariedade, dun amor para amar e ser amado, da pertenza a unha familia, a un pobo , a unha clase social e  atopar neses puntos de apoio unha certa paz e tranquilidade co que fixeches ou deixaches de facer. Creo que así é mais doado enfrontar o camiño vital. Agora centrareime nalgunha outra faceta da vida que sempre me fixo cavilar.
 
Falar da felicidade, da  transitoriedade dos sentimentos e da realidade social de moita xente que, a pesares dos poucos recursos dos que dispoñen, poden gozar a súa  maneira dalgún momento de ilusión, ten moita pegada. È unha especie de licencia para rir de nós mesmos, do poder e quen sabe de cantas cousas mais.
 
Facer unha reflexión poética sobre a natureza transitoria da felicidade en contraste coa persistencia da tristeza non é un choio doado. As metáforas para describir a felicidade como algo lixeiro e pasaxeiro, comparándoa cunha pluma levada polo vento e unha pinga de orballo nunha flor, que aínda que brilla e termina caendo como unha bágoa de amor, ao meu parecer é unha fantasía de tal fondura que mereceu un apartado neste artigo  que non podo deixar de aproveitar.
 
Nas composicións musicais  hai  moitas curiosidades. Hoxe vou a falar dunha delas. Unha versión da canción brasileira "A felicidade", que comeza do seguinte xeito: Tristeza não tem fim ... Cando coñeces está canción logo podes decidir como a queres cantar:  a ritmo de samba, frear o tempo e recrearte na súa letra como se fose unha balada, levala a calquera outro tempo musical e nas diferentes tonalidades ou simplemente escoitala, como estou a facer eu hoxe, na versión xasística de Joe Anderson. Funciona de todas as maneiras por que, letra e música, son do mellor que se compuxo na música popular, aínda que dita composición vaia contra a norma xeral, tonalidades maiores subliñan a palabra tristeza e as menores a felicidade. Teño lido que os dous compositores de dita canción, a foron facendo nunha colaboura ao lonxe e por teléfono, Tom Jobim en Sao Paulo e Vinicius de Morais en Montevideo.
 
A letra ao completo, di así:
 
Tristeza não tem fim
Felicidade sim
A felicidade é como a gota
De orvalho numa pétala de flor
Brilha tranquila
Depois de leve oscila
E cai como uma lágrima de amor
A felicidade do pobre parece
A grande ilusão do carnaval
A gente trabalha o ano inteiro
Por um momento de sonho
Pra fazer a fantasia
De rei ou de pirata ou jardineira
E tudo se acabar na quarta-feira
Tristeza não tem fim
Felicidade sim
A felicidade é como a pluma
Que o vento vai levando pelo ar
Voa tão leve
Mas tem a vida breve
Precisa que haja vento sem parar
Precisa que haja vento sem parar
Precisa que haja vento sem parar
Tristeza não tem fim
 
Conformo con algúns  momentos de felicidade, coa evolución e o cambio. Se  a vida non fose desa maneira e acreditaramos na eternidade poderiamos afirmar, sen ningunha dubida , que non poñeriamos nela a mesma intensidade. Desde ese convencemento cheguei a conclusión que  a única alternativa racional a transitoriedade é o caos
 
Aínda que a historia foi e será escrita polos vencedores, non quero rematar sen  unha sentencia : calquera que vexa o que Israel está a facer en Gaza non pode calar, ten a obriga de expresar o seu sentimento  como ser humano  co que está  acontecendo en Palestina. Houbo pasado, hai presente e haberá futuro por moito que no Mundo  o sufrimento e a desigualdade formen parte da vida dos seus moradores. Agardo que  diante desta realidade a nosa resposta non sexa, a indiferenza. Di un proverbio arabe que a primeira vez que me enganes a culpa sera túa, a segunda vez, será miña
 

Gaiteiros no solpor en Cabo Touriñán / https://youtu.be/IcqJGPoMldU.
Gaiteiros no solpor en Cabo Touriñán / https://youtu.be/IcqJGPoMldU.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.