(Vídeo) O incendio forestal de Rois supera as 50 hectáreas e as chamas chegan ata a estrada AC-301: agárdase unha noite difícil

O lume iniciouse sobre as 6 da tarde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2024 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

Un incendio forestal permanece activo dende a tarde deste luns no municipio coruñés de Rois, onde, ata o momento, arderon 50 hectáreas. O forte vento que sopra na zona está facendo moi difícil o control do lume, cuxa fumareda se vai espallando rapidamente en direccion sur, chegando as chamas xa á estrada AC-301, principal vía de comunicación de Rois con Padrón e Noia. A zona atópase rodeada de plantacións de eucalipto. O fume pode ver dende Santiago, Padrón, Rianxo e Boiro, mesmo dende algúns puntos da zona de Arousa. 

Incendio de Rois chegando á AC-301
Incendio de Rois chegando á AC-301 | Fonte: Grupo de WhatsApp

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 17.55 horas na parroquia de Herbogo, na parte sur do municipio. No seu control traballan tres técnicos, oito axentes, seis brigadas, catro motobombas, dúas pas e medios aéreos. Os helicópteros están collendo auga nos ríos Sar e Ulla. Na AC-301 tamén se atopan axentes da Garda Civil de Tráfico para vixiar que as chamas non avancen máis ata o punto de ser preciso cortar a estrada. 

 

 

 

Incendio forestal activo en Rois chegando á estrada AC-301
Incendio forestal activo en Rois chegando á estrada AC-301 | Fonte: Cedida

Incendio en Rois
Incendio en Rois | Fonte: CEDIDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta