Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2024 | Actualizada ás 19:06
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, anunciou que a Xunta investirá 500.000 euros para ampliar a residencia de maiores do concello coruñés de Boimorto. Así o fixo este sábado durante unha visita ás instalacións e a obra proxectada neste centro residencial é unha das máis de 20 actuacións que realizará o Executivo autonómico.
Por outra banda, durante esta xornada a conselleira participou na inauguración das XXII xornadas interdisciplinarias organizadas pola Federación Alzheimer Galicia (Fagal) en Santiago. Durante a súa intervención lembrou que o Executivo galego realiza unha "importante aposta" pola atención a esta doenza, apoiándose na profesionalidade e especialización das entidades sociais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.