A crise económica tamén se ceba cos medios de comunicación

A crise tamén se está cebando cos medios de comunicación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/11/2008 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

Tamén o Grupo Zeta, que edita entre outras publicacións "Interviu" e "El Periodico de Cataluña", anunciou o despido de 533 persoas dun plantes de 2.400 traballadores. A esta situación se engade os recortes de plantilla e os plans de viabilidade que se preparan xan nos xornais gratuítos, especialmente, no QUE!, no Metro e no 20 Minutos.

En Galicia, e tal e como contamos, a crise tamén está afectando a todos os grandes medios galegos. Algúns como o Grupo El Progreso, o Grupo La Capital (Ideal e Diario de Ferrol) ou La Región xa puxeron en marcha plans de viabilidade e outros coma Faro de Vigo veñen de cambiar ao conselleiro delegado con previsión de máis cambios a curto prazo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

45 ruben

es un miserable aparte dun obsesivo e paranoico,so sabes insultar en iso eres igualiño a Pepiño,todo se pega e sempre son os mesmos os socialistas fanáticos,asi os esta indo que estades nerviosos e so sabes/sabedes insultar porque non tes argumentos.
os socialistas moderados non che poden ni ver,por algo será...

44 Oscar

Eres ben pesado con que son o futuro do PSOE, estás obsesionado, obcecado, a ver se resulta que por estás nas Xuventudes vou ser o futuro do partido. Estás un pouco paranoico.
Dis que "unha persoa miserable e que so sabe insultar pra levar razón e nin así a levas". ¿Onde insulto? ¿A quén?
Non terei a razón porque ti o dis, pero a cousa é que ti non perdiches o tempo en rebatirme nada do que dixen. Vése que non tés ningún tipo de argumento có que rebatir.
¿Logo hai algo de mentira no que dixen?
¿Logo o PP non derrochou todo o que derrochou (fondos de cohesión, mausoleo do Gaiás, clientelismo, chouriceo...?
¿Logo non estamos no período máis pacífico que houbo nunca neste país?
¿Logo os bancos españois non están a aguantar todos?
¿Logo minto en que Rajoy dixo no debate con ZP que o presidente só gañou polo 11M?
¿Onde minto?
O único que che pasa é que che cantei as verdades do barqueiro, as verdades que che doen.
É o que hai, que as verdades, as veces ofenden, pero terás que ir aceptándoo. É millor recoñecer as cousas tal e como son.

E por favor, non me veñas falar de enquisas, que é ao que recurres cando non tés nada máis que dicir; eu teño a miña opinión e a miña visión dos feitos e non influencio meu voto porque unha enquisa me diga unha cousa ou outra. A min o que fagan os demáis impórtame pouco; se os demáis se tiran a un pozo eu penso por min mesmo e non me tiro; vexo que ti eres dos que simplemente seguen ao rabaño a ondequeira que vaia. Ese é o problema de líderes coma Rajoy, que a súa única oposición é improvisar en función do que din as enquisas. O que Rajoy non sabe é que a xente é tremandamente pragmática e as opinións, polo tanto, cambian ao coñecerse a realidade dos feitos. A logo prazo da mellores resultados electorais ter a razón e facer política en función das enquisas diarias.
O que soe acontecer entón, é que a enquisa pasa de dicir unha cousa a dicir a contraria, i entón o PP tén que cambiar tamén a súa posición, e a xente pensa que a toman por parva.
E así vai a cousa, o PP sempre pegado ao PSOE nas enquisas, pero en canto o chega o momento das eleccións a xente xulga máis obxectivamente e o PSOE gaña marxe; porque boa parte do problema do PP é que toma á xente por parva. Toda a súa estratexia de oposición xira en torno a tomar á xente por parva.
2005: "Hubo una cospiración"
2007: "Nosostros nunca dijimos que hubiera una cospiración"
2007: "ZP vende Navarra. UPN es la garantía de que Navarra no se vende"
2008: "Los de UPN son unos vendidos".
2004: "No al matrimonio homosexual"
2007: "Nosotros nunca nos hemos negado al matrimonio entre personas del mismo sexo".
2006: "Federico jiménez Losantos es un gran locutor"
2008: Denuncia a FJL.
2006: voto en contra do Estatuto Catalán, debido a que considera que Cataluña é unha nación.
2007: voto a favor do Estatuo Andaluz; que di claramente que Andalucía é unha nación.
2007: "Lo más patriótico es que gobierne la fuerza más votada"
2008: "El que debe gobernar es el que obtenga más escaños, no más votos".
2007: "El que no sea para nosotros es un voto en favor de ETA".
Un mes despois: pactos con CC en Canarias e GIAL en Almería.
2007: "Nosotros nunca pactaremos con quienes quieren destruir España"
2008: CC declárase "separatista", pero o pacto segue.
2002: "El Prestige sholo suelta unosh hilillosh como de plashtilina, que solidifican al llegar a la superficie. No esh ninguna catáshtrofe". Nunha palabra; incrible.
2008: Un día "hay que ayudar a las empresas con rebajas de impuestos", ao día seguinte "Zapatero ayuda a las empresas y no a los trabajadores".
Velaquí alguns dos "cambios de opinión" do PP que por suposto se deben únicamente a intereses electorais (mirar demasiado de reollo as enquisas) ou de poder.
Aínda por riba, teñen a cara de criticar ao goberno porque xera un déficit nas contas públicas, ¡como poden ter tan pouca idea de economía! ¡Se precisamente o déficit (sempre que teñas capacidade de xeralo, ou sexa, sempre que haxas aforrado antes) é unha potente ferramenta de reactivación dunha economía! ¡E precisamente é a ferramente que están aconsellando xente coma Paul Krugman, Premio Nobel de Economía 2008!
Se a min me parecen moi mellorables os presupostos deste ano non é por xerar déficit, é por xerar pouco déficit, o déficit deste ano debera rondar entre o 5% e o 10%. Pódese financiar perfectamente tendo en conta que a débeda pública diminuíu moito nestes últimos anos.

43 manolo

por que non deixades de tocar os collóns? sodes ben pesados...

42 ruben

que miserable eres,o foro xa o sabe e os mesmos socialistas do foro nin te aturan pra mostra so tes que ver post anteriores.
estas nervioso e é normal,trala corrupción do teu partido e a sua nulidade agora vense co auga o cuello e non saben que facer,so insultar e saquear aos galegos,vease audis e reformas de pisos sen ton ni son.
Xa quedaches como o que es,unha persoa miserable e que so sabe insultar pra levar razón e nin así a levas,se ti es o futuro do psoe podemos durmir tranquilos,pouco teñen que facer.

41 Oscar

ruben, fala en primeira persoa do singular e non do plural, que eres o único que é tan pesado.
Máis miserable hai que ser para apoiar e defender aos que fan política coa sangue das vítimas do terrorismo. O de agora simplemente é devolver a pelota.
Nos debates ZP-Rajoy, unha das cousas que lle dixo ZP a Rajoy foi algo así coma "no le voy a tolerar que diga que me arrodillo ante ETA, ni que no quiero a las víctimas ni que no combato el terrorismo. Y mire, como prueba, en el último mandato de Aznar murieron más de doscientas persoans por terrorismo y en el mío sólo cuatro".
Ao día seguinte Rajoy foi aos medios coma un chorón para dicir que "la comparación me ha parecido miserable".
E digo eu, en principio non está xustificado sacar a conto esa comparación porque o terrorismo é unha desgracia que sufrimos todos e ninguén tén a culpa de que exista, pero esa comparación sí tén lugar cando o xefe da oposición acusa ao do goberno de complicidade có terrorismo e de estar involucrado na preparación atentado do 11M. Son acusacións o suficientemente graves coma para responderlle cós fríos datos.
Se non se tiveran producido, non sería xustificable dicilo, claro está.
Aínda me lembro doutra frase daqueles debates, coma a de Rajoy: "Usted sólo ganó las elecciones por los atentados del 11 de Marzo". Toma xa, 11 millóns de españois insultados. Non te fode, así claro que non gaña. E non porque sexa miserable ninguén, el mesmo califícase só.

E vólvoche repetir o dato de antes, para que che quede máis claro e o dixiras:
Nunca, nunca, nunca antes, houbo tanta paz en España.
Para min é unha razón máis que sobrada para darlle a confianza ao goberno, sobre todo porque teño a absoluta certeza de que Rajoy endexamáis o tivera conseguido.
Por certo, o partido do caciquismo, dos chourizos e os mangoneos, do atraso histórico, os miles de millóns de fondos de cohesión da UE derrochados e mailos mausoleos no Gaiás de 900 millóns de euros sempre foi (e segue a selo) o PP deG.
E mira, por onde, xa que falabamos de miserables, ¿non che parecen miserables eses alcaldes do PP que se adicaron o obstruír a formación de brigadas durante os incendios de 2006 para perxudicar ao bipartito? ¿Con iso pérdese máis ou menos ca cún Audi e un despacho?
Manda collóns contigo, dous millóns é derroche; os miles de millóns da UE, os novecentos do Gaiás, os centos do mantemento do caciquismo e os tamén centos de millóns perdidos pola obstrucción á formación de brigadas non son derroche. Manda carallo na habana.