Volverase abrir un proceso participativo para a futura lei galega de cooperativas

O delegado do Goberno tende a man para modernizar o "exemplo para toda a sociedade" da economía social.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2024 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

O conselleiro de Emprego, José González, anunciou este venres que se volverá a abrir un proceso participativo, "aínda que xa se fixo", para a nova lei de cooperativas. Nun acto en Santiago polo Día da Economía Social Galega, organizado por Foroesgal, o conselleiro expuxo que esta nova normativa buscar ser "máis áxiles" e "eliminar burocracia", de forma que apela a que se fagan chegar achegas á Secretaría Xeral Técnica da Consellería.

Respecto diso, o conselleiro destacou o incremento do peso da economía social en Galicia, que supón cinco de cada 100 empresas privadas. Así, en 2023 houbo 138 novas cooperativas, 56 novas sociedades laborais, creáronse sete centros especiais de emprego e unha compañía de inserción laboral máis. Chama a alcanzar o obxectivo de que a economía social "sexa un referente" en Galicia, de forma que poida conseguir unha comunidade "máis próspera e igualitaria".

Para iso, tamén está a nova estratexia de economía social, con horizonte 2027, que aspira a atraer talento, mellorar a competitividade e ao crecemento en sectores emerxentes. Prevese a creación de 400 novas entidades e a xeración de 4.000 empregos. Subliña que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a investir 43,6 millóns de euros neste ámbito, un orzamento que creceu en 2024 nun 3 %.

MAN TENDIDA DO GOBERNO

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, valorou que o Plan de Recuperación e o Perte de Economía Social mobilizan 1.700 millóns para a transformación destas sociedades e coidados. Remarca que a fórmula da economía social dá emprego a 25.000 persoas en Galicia, a través de valores como "inclusión e igualdade". Así mesmo, Pedro Blanco enxalzou ás empresas de economía social como un "exemplo para toda a sociedade" e tendeu a man do Goberno para modernizar esta fórmula e consolidar o avance da xustiza social.

Día da Economía Social Galega
Día da Economía Social Galega | Fonte: XUNTA

Pola súa banda, o presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela, avogou polo futuro dunha economía social "máis xusta" e "sustentable". Reflexionou en que nos últimos 20 anos a poboación europea aumentou do 16 % ao 21 %, á vez que os maiores de 80 anos duplicáronse, o que cre que hai que "converter nunha oportunidade", pois "o verdadeiro progreso non se mide unicamente por cifras económicas", senón polo "benestar" dunha sociedade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta