O PP eríxese neste 9X como defensor do rural fronte ao "ecoloxismo radical" do PSOE E O BNG

Aos que acusa de responsabilizar "aos gandeiros e agricultores como culpables de todo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2024 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O PP erixiuse como defensor do rural galego nas institucións europeas fronte ao "ecoloxismo radical" do PSOE e BNG, aos que acusa de responsabilizar "aos gandeiros e agricultores como culpables de todo".

"Nós queremos mellorar a vida do sector e vimos directamente a escoitalos e a falar con eles. Mentres, Teresa Ribera seguro que está a acariñar algún lobo", aseverou o candidato popular nas eleccións europeas Adrián Vázquez durante unha visita ás instalacións da cooperativa láctea Clun, situadas no concello coruñés de Ames.

A comitiva do PP durante a visita estivo integrada pola secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o propio Vázquez, que incidiu na necesidade de levar a Bruxelas as demandas do sector agrogandeiro.

Para iso, os populares cren que son o partido que "ofrece solucións" porque ten en conta "o territorio" fronte a outras formacións que "pon trabas e problemas" e sitúan a gandeiros e agricultores "como culpables de todo", segundo remarcou Paula Prado.

"Os únicos que non respectan o medio ambiente son o PSOE e o BNG co seu ecoloxismo radical", aseverou o número dous do PP autonómico, que reivindicou que Galicia ordeña "catro de cada dez litros de toda España" e é a décima rexión de Europa con maior produción de leite. Nesta liña, apelou a lograr "unha Europa que se pareza máis a Galicia: moderada, sen extremismos, cumpridora, sen mentiras, igualitaria e sen discriminacións".

"Este fin de semana fomos o corazón de Europa e o vindeiro domingo esperamos ser o corazón da vitoria do Partido Popular", concluíu en referencia á xornada do sábabado na que a presidenta da Comisión Europa, Ursula Von der Leyen, participou en actos de campaña en Galicia.

Paula Prado e Adrián Vázquez visitan as instalacións da cooperativa láctea Clun, en Ames. PP
Paula Prado e Adrián Vázquez visitan as instalacións da cooperativa láctea Clun, en Ames. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta