9X- Arrimadas ve o voto a Ciudadanos como "moi útil" xa que antes "o grupo liberal estaba dominado polos nacionalistas"

Ao seu xuízo, os liberais en Bruxelas "decantan a balanza en todas as votacións".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 04/06/2024 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A expresidenta de Ciudadanos Inés Arribadas reivindicou o voto á súa antiga formación nas próximas eleccións europeas como "moi útil" xa que, ao seu xuízo, os liberais en Bruxelas "decantan a balanza en todas as votacións". Así o sinalou ante os medios de comunicación antes de acudir no encontro Diálogos para o Desenvolvemento celebrado este martes en Vigo, onde participou tamén o exministro de Exteriores e eurodeputado do PP José Manuel García-Margallo.

Alí asegurou que votará a Ciudadanos porque "é a única maneira de ter a un representante que defenda os intereses de España no grupo liberal". "A min paréceme que é unha moi mala noticia para España que non haxa ningún español defendendo a España no grupo liberal. Antes de entrar Ciudadanos, ese grupo, que é o que decanta a balanza nas votacións, estaba totalmente dominado polos nacionalistas en España", lembrou.

Por iso, insistiu na importancia de que a formación entre no Parlamento europeo, xa que "garante que se defendan os intereses de España desde o grupo que decanta todas as votacións". No acto, a intervención de Arrimadas, tal como dixo, céntrase na "mala calidade educativa" en España, criticando a discrepancia entre o que os nenos e mozos aprenden nas aulas e o que requiren as empresas. "Aquí en Galicia vémolo. Hai moitos sectores que poden xerar moitas oportunidades, como o aeroespacial, e que se atopan dificultades enormes para atopar talento formado ou en cuestións técnicas moi específicas", insistiu.

CALIDADE DA EDUCACIÓN

Para ela, unha verdadeira política progresista teríase que enfocar en aumentar a calidade da educación pública porque, ao seu xuízo, "a educación pública non é garantía de ascensor social, o que é garantía de ascensor social é unha boa educación pública". Arrimadas vinculou os problemas do emprego coa herdanza que lle deixa a educación e, á súa vez, as pensións herdan os problemas do emprego.

Outro bloque da súa intervención enfocábase nas oportunidades de España, reivindicado a "moi boa calidade de vida" que existe no país, pero a "mala calidade de vida" para as empresas. Inés Arrimadas dixo que a burocracia e a fiscalidade son algúns dos problemas que teñen as compañías en España para crecer. "Temos un problema de produtividade endémico, que se debe entre outras cousas a que o tamaño das empresas é moi pequeno. Logo temos grandes empresas que son buques insignia nos seus respectivos sectores que son multinacionais con moita presenza e aí si que vemos como unha empresa española si crece", apuntou, destacando casos como Telefónica ou o Banco Santander.

Inés Arrimadas e José Manuel García-Margallo este martes en Vigo
Inés Arrimadas e José Manuel García-Margallo este martes en Vigo | Fonte: PEDRO DAVILA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta