O Sergas ten que indemnizar con 50.000 euros a un neno que perdeu un testículo por unha mala praxe, segundo o TSXG

O menor fora diagnosticado dunha infección e prescribíronlle antibióticos cando padecía unha torsión testicular.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2024 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número uno de Pontevedra que resolveu a favor duns pais condenando ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a indemnizar con 50.000 euros, á familia dun neno que, cando tiña 13 anos perdeu un testículo por unha mala actuación médica.

A sentenza, publicada por PontevedraViva, conclúe que houbo unha "perda da oportunidade terapéutica que derivou en danos irreversibles". O menor fora diagnosticado dunha infección e prescribíronlle antibióticos cando padecía unha torsión testicular. Os feitos producíronse en marzo do ano 2019, cando os denunciantes acudiron a un centro de saúde co seu fillo que presentaba "unha forte dor no seu testículo esquerdo, do que recibiu unha asistencia, sen que fose despois derivado aos servizos hospitalarios ou especialistas".

Segundo recolle a sentenza do TSXG, a situación do menor agravouse, polo que, dous días despois, levárono a Urxencias do Hospital Provincial, onde foi explorado e diagnosticado dunha lesión de torsión e necrose "pola que se lle practicou inmediatamente unha orquiectomía radical, tras o cal implantóuselle, en setembro do 2020, unha prótese testicular provisional".

Os pais denunciaron porque non lles pediron consentimento informado para a extirpación do testículo e por unha "actuación neglixente e errónea no diagnóstico e a necesidade de extremar a dilixencia asistencial" reclamando do Sergas unha indemnización cifrada en 83.779,90 euros, que foi denegada pola Consellería de Sanidade "ao entender que a actuación facultativa e asistencial axustouse aos parámetros dunha boa praxe médica".

O Sergas tamén xustificou a ausencia do consentimento informado pola necesidade da intervención urxente e vital do neno, un argumento que comparte a sentenza do xulgado, de decembro do ano pasado. No resto de acusacións, o fallo resolveu a favor dos pais e estableceu que o Sergas debería abonar unha indemnización de 50.000 euros, resolución que acaba de confirmar o TSXG nunha sentenza que non é firme.

Edificio do Sergas
Edificio do Sergas | Fonte: xunta.gal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta