O Consello Xacobeo acepta que os beneficios fiscais para empresas que apoien o Xacobeo 2027 alcancen 3 anos completos

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, defendeu esta proposta da Xunta para que o período de beneficios fiscais estea comprendido entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2027, fronte á previsión inicial do Goberno Central, que establecía os prazos desde outubro de 2025 a setembro de 2027.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2024 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia