As enfermidades do sistema circulatorio e os tumores, principais causas de falecemento dos galegos

En Galicia morreron o ano pasado 580 nenos de entre un e 14 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2024 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

As enfermidades do sistema circulatorio e os tumores sitúanse como as principais causas de falecemento dos galegos, segundo un estudo elaborado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollido por Europa Press. En xeral, o ano pasado morreron na Comunidade 32.690 persoas, das cales 8.643 faleceron por enfermidades do sistema respiratorio e 8.409 por padecer algún tipo de tumor.

En concreto, as enfermidades cerebrovasculares foron a causa de 1.822 mortes en Galicia en 2023, mentres que 1.728 persoas perderon a vida por unha insuficiencia cardíaca e 1.916 por outras enfermidades do corazón.

En cando aos tumores, os máis letais son aqueles que afectan á traquea, aos bronquios ou ao pulmón, con 1.605 mortes na Comunidade no exercicio pasado. Os tumores de próstata acabaron coa vida de 479 galegos en 2023; os de colon, de 776 persoas, e os de páncreas, de 594 persoas.

Pola súa banda, as enfermidades do sistema respiratorio supuxeron o falecemento de 3.698 galegos o ano pasado, mentres que 2.533 persoas faleceron por trastornos mentais e do comportamento. Deste total, 2.460 galegos perderon a vida por trastornos orgánicos, senil e presenil, sendo unha das principais causas de morte máis específicas da poboación de Galicia.

Entre outras causas, as enfermidades infecciosas ou parasitarias provocaron 1.026 mortes e as endocrinas, nutricionais e metabólicas, 1.071. As enfermidades do sistema nervioso foron a causa da morte de 1.586 galegos en 2023. Entre outras razóns, doenzas do sistema genitourinario provocaron 1.125 mortes.

O INE tamén dá datos por rangos de idade. Así, ata 47 bebés de menos dun ano faleceron en Galicia o ano pasado. A principal causa destas mortes, con ata 22 casos, son afeccións orixinadas no período perinatal. Pola súa banda, en Galicia morreron o ano pasado 580 nenos de entre un e 14 anos, principalmente por tumores, con 174 casos e por causas externas de mortalidade (accidentes, violencia, etc.), con 126 persoas.

Tumor cerebral
Tumor cerebral | Fonte: EmmaWiki2020 - Wikimedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta