Conta atrás para Xornal de Galicia

Hai moito movemento estes días na Grela, A Coruña, o lugar onde se ubica a sede central de Xornal de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/11/2008 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

Este novo medio de comunicación, dirixido por José Luis Gómez e co soporte financiero do Grupo San José, prevé a súa saída nos vindeiros días. A data marcada para a saída é o 28 de novembro, aínda que se podería retrasar para a vindeira semana.

Xornal de Galicia conta xa cun equipo de xornalistas en Santiago e Vigo, ademáis da súa central na Coruña, aínda que, polo momento, os xornalistas están a traballar dende a sede da Grela. Este medio combinará o galego e o castelán, aínda que primará á segunda e prestará especial interés á información económica, á política, á investigación e á opinión, aínda que nesta última sección producironse certos cambios con respecto á idea orixinal por certos desencontros entre a dirección do xornal e algún coñecido articulista que, nun primeiro momento, ían colaborar no mesmo.

Este xornal xa ten lanzado, a través da web retrasocero.com, unha campaña publicitaria na que utiliza como reclamo a Antón Reixa e Iolanda Castaño, e que leva por título "morreu calígula".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 Churrusquiño

De ser así, noraboa o BNG xa ten o seu xornal diario de papel, despois do fracaso da súa entrada na Rexión pola pancadela de presidencia...
Ai, país,país... Cantos xornais pecahrán logo das eleccións autonómicas? Que papel ten Caixanova no mantemento con respiración asistida do País,e coa intervención de ZP?

4 undetal

Para aaa

non sei por qué che parece pouco plural o ambiente periodístico de Galicia, unha comunidade que conta con unhas quince cabeceiras diarias ou semanais, máis unha chea de revistas e páxinas web

POr certo, está moi ben todo a de falar a prol do galego, pero os grandes popes Reixa, Rivas e Suso de Tonto, tragan e escreben en castelán no País (salvo nas páxinas "exótico. culturais" dos venres que veñen sendo coma unha sorte de reserva india no xornal madrileño)

Pero claro, unha cousa e defender o galego e outras renunciar ó fermoso paraguas do grupo Prisa, non si?

3 Un

Co soporte financiero de san Jose??? Únicamente??? Pero se aínda non está adxudicado o concurso eólico????? Xa se pagou??? Tamén o equipo de dereito administrativo da univ. a Coruña estará ao tanto???
Por certo, recoméndo a lectura deste artigo http://www.vieiros.com/opinions/opi...
Onde as valoracións de moita xente, penso que militante do bloque, é significativa...

2 aaa

A ver si se osixena o ambiente periodistico en Galicia e se fai máis plural. A ver si se rompe o monopolio "voz", a ver si o galego deixa de ser testimonial nunha sociedade "bilingue", a ver si cando os galegófobos protestan porque o galego ocupa menos do 5 % en calquera xornal, excepto Galicia Hoxe, a ver cando compran éste e protestan porque se escrebe íntegramente en galego.
A ver cando remata esta esquizofrenia.