Conta atrás para Xornal de Galicia

Hai moito movemento estes días na Grela, A Coruña, o lugar onde se ubica a sede central de Xornal de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/11/2008 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

Este novo medio de comunicación, dirixido por José Luis Gómez e co soporte financiero do Grupo San José, prevé a súa saída nos vindeiros días. A data marcada para a saída é o 28 de novembro, aínda que se podería retrasar para a vindeira semana.

Xornal de Galicia conta xa cun equipo de xornalistas en Santiago e Vigo, ademáis da súa central na Coruña, aínda que, polo momento, os xornalistas están a traballar dende a sede da Grela. Este medio combinará o galego e o castelán, aínda que primará á segunda e prestará especial interés á información económica, á política, á investigación e á opinión, aínda que nesta última sección producironse certos cambios con respecto á idea orixinal por certos desencontros entre a dirección do xornal e algún coñecido articulista que, nun primeiro momento, ían colaborar no mesmo.

Este xornal xa ten lanzado, a través da web retrasocero.com, unha campaña publicitaria na que utiliza como reclamo a Antón Reixa e Iolanda Castaño, e que leva por título "morreu calígula".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

1 Eu

Pois vaia merda de publicidade, Antón Reixa e Iolanda Castaño até na sopa da órbita do galego oportunista-castellano-Madrid-La Coruña-galicia bilingüe-tan gallego como el gallego...

Na órbita do galego-nunca mais, sempre Uxía e Xurxo souto...

cada tolo no seu círculo Hai que circundidalos!