Jesús Blanco Giró, novo tesoureiro do Concello de Ourense

Tal como informou o goberno local nun comunicado, ao acto, do que deu fe a oficial Maior Silvia Alonso, tamén acudiu a concelleira da área Tamara Silva

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 16/07/2024 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia



O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presidiu este martes a toma de posesión do novo tesoureiro municipal, Jesús Blanco Giró, que desde esta mañá ocupará o seu novo cargo, tras decretarse o cesamento de María Belén Rodríguez Tourón en xaneiro.

Tal como informou o goberno local nun comunicado, ao acto, do que deu fe a oficial Maior Silvia Alonso, tamén acudiu a concelleira da área Tamara Silva.

Foi en xaneiro cando Pérez Jácome decretou o cesamento da anterior tesoureira do Concello, que levaba no cargo desde o ano 2018, cando o rexedor era o 'popular' Jesús Vázquez.

A decisión de cesar á funcionaria foi anunciada por Jácome xa en setembro de 2023, despois de que nun pleno no que se debateron varias modificacións orzamentarias cualificara á tesoureira como "demasiado tiquismiquis". "Retarda todo, é moi tiquismiquis, demasiado, máis que un notario", apuntou entón o alcalde.

O alcalde da cidade de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde da cidade de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta