O PSdeG esixirá no Parlamento galego a "mesma rexeneración democrática" que impulsa Sánchez

Rueda acusa ao Presidente do Goberno de limitarse a "esbozar ameazas contra medios democráticos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2024 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, esixirá no Parlamento de Galicia "a mesma rexeneración democrática" que se impulsa en España por parte do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e en Europa. Esta iniciativa, segundo indicou, buscar evitar que "Galicia quede á cola, unha vez máis, en termos de transparencia e democracia".

Así o trasladou en declaracións difundidas aos medios este mércores, xornada na que asistiu no Congreso ao pleno no que o titular do Goberno e líder do PSOE ofreceu aos grupos parlamentarios pactar medidas para garantir a transparencia, a independencia e o pluralismo nos medios.

"Rueda ten que aprender de Pedro Sánchez e de Europa. Hoxe, o goberno de España, do os meus,ou modo que xa se fixo na UE, presentou un plan moi ambicioso para regenar a democracia, frear as 'fake news' e asegurar que a cidadanía teña acceso a información veraz coa máxima transparencia, protección e pluralismo. Isto é todo o contrario ao que ocorre en Galicia", afirmou Besteiro.

Na súa declaración, Besteiro criticou a xestión do presidente da o Xunta, Alfonso Rueda, ao considerar que "circula en dirección contraria a España e Europa". "A Xunta é opaca, e a CRTVG é o medio público con máis denuncias en España por manipulación informativa. É dicir, Rueda perpetúa as peores políticas de Feijóo, sen mostrar signos de cambio ou mellora", apuntou.

O PSdeG destacou que o grupo parlamentario, encabezado por Besteiro, está decidido a levar esta cuestión ao Parlamento galego, demandando que se avance na rexeneración democrática. "Unha transformación que o PSOE está a impulsar noutros niveis de goberno, como fixo hoxe Pedro Sánchez no Congreso", indicaron.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.. PSDEG | Fonte: Europa Press

RUEDA ACUSA A SÁNCHEZ: "UNHA CORTINA DE FUME"

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, acusou este mércores ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de limitarse a "esbozar ameazas contra medios democráticos" durante a súa presentación no Pleno do Congreso do seu plan de rexeneración democrática.

"Unha cortina de fume", en opinión do presidente da Xunta, utilizada polo líder do Executivo central para non dar explicacións sobre "todas as cousas que se souberon esta semana" e para evitar referirse a as "manifestacións realizadas en sede xudicial".

"Pensar que non hai nada que dicir e que o único que hai que facer é apuntar ou esbozar que deben controlarse determinados medios de comunicación, creo que fala moi pouco dunha verdadeira intención de rexeneración democrática", manifestou Alfonso Rueda, que afeou a Sánchez o feito de "non achegar", ao seu xuízo, "case nada", durante a súa exposición dos puntos principais do plan. Un plan concibido, en palabras do propio Sánchez, para "acabar coa impunidade dalgúns pseudomedios" que difunden "bulos e desinformación", durante cuxa presentación o presidente do Goberno centrouse unicamente en sinalar, subliñou Rueda, aos medios de comunicación que "non lle gusta o que contan".

"Eu pido transparencia nestes momentos. Creo que todo o mundo está a esperar unha explicación e se non é certo todo o que se dixo, non hai nada máis fácil que chegar e contar a verdade", agregou Rueda en relación, entre outros asuntos, á investigación da esposa do presidente, Begoña Gómez, por un presunto delito de tráfico de influencias e corrupción nos negocios. Tamén denunciou o presidente da Xunta de Galicia ao ser interrogado pola presentación no Congreso do plan de rexeneración democrática o feito de que "unha parte do Goberno desminta manifestacións doutra parte do Goberno". "É moi difícil tomarse en serio todo o que está a pasar ultimamente", concluíu Alfonso Rueda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta