Os nenos saharauís que pasarán o seu verán en Galicia foron recibidos no Parlamento

O presidente do Parlamento de Galicia agradeceu o traballo da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e das familias acolledoras

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2024 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira, deu este mércores a benvida aos menores saharauís e as familias acolledoras que participan na iniciativa 'Vacacións en paz', o programa de acollida temporal de nenos saharauís durante os meses de xullo e agosto.

Un grupo de familias galegas colaboran neste proxecto que permite á infancia distanciarse temporalmente dos campos de refuxiados de Tinduf (Alxeria) e das altas temperaturas do deserto do Sahara, que poden chegar aos 50 graos nestes meses.

Santalices agradeceu o traballo da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e das familias acolledoras, e animoulles a seguir cooperando nesta iniciativa solidaria.

O Parlamento recibe aos nenos saharauís que pasarán o seu verán en Galicia. PARLAMENTO
O Parlamento recibe aos nenos saharauís que pasarán o seu verán en Galicia. PARLAMENTO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta