Por Galicia Confidencial | Dozón | 28/11/2015 | Actualizada ás 13:27
O alcalde do municipio pontevedrés de Dozón, Adolfo Campos, detido este venres por presunta fraude en cursos de formación, pediu a "baixa temporal" do PP "mentres non se aclare a súa situación xudicial".
Campos, un dos seus fillos, que é tenente de alcalde dese municipio, e dous sobriños foron detidos pola Garda Civil na denominada operación Qatedra, que investiga unha suposta fraude en cursos de formación con subvencións públicas.
O PP de Pontevedra sinala nun comunicado que con esa decisión "Campos quere salvagardar e non prexudicar os intereses do partido ata que non se aclaren os feitos".
"O alcalde aclara que a causa aberta nada ten que ver coa súa xestión no municipio de Dozón, senón cunha investigación sobre o grupo de empresas nas que non exerce tarefas executivas desde fai máis de dez anos e nas que se limita a unha presenza honorífica", apunta o PP.
O seu fillo, que se chama tamén Adolfo Campos e é tenente de alcalde de Dozón, "non solicita a baixa porque non está afiliado ao PP", precisa a nota acerca deste, que tamén foi arrestado na citada operación
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.