Condenan a 25 anos de cárcere ao home que matou de forma "brutal" á súa veciña en Moaña

A Audiencia Provincial de Pontevedra lembra que “golpeouna en distintas partes do corpo, púxolle unha corda no pescozo, inmobilizouna atándolle as mans ás costas e causoulle a morte por asfixia”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/07/2024 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, condenou a 25 anos de prisión ao home que matou á súa veciña septuaxenaria no verán de 2021 na localidade de Tirán, en Moaña, como autor dun delito de roubo en casa habitada en grao de tentativa e dun delito de asasinato mediante aleivosía e para facilitar a comisión do roubo.

O acusado de asasinar á súa veciña en Moaña, en xullo de 2021, Balbino S.E., entra no edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra, a 3 de xullo de 2024.
O acusado de asasinar á súa veciña en Moaña, en xullo de 2021, Balbino S.E., entra no edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra, a 3 de xullo de 2024.

Na sentenza, o maxistrado presidente explica que o xurado considerou probado que o acusado accedeu ao domicilio da vítima o 3 de xullo de 2021 “coa intención de apoderarse de obxectos de valor, sen que conste que levase nada”, para o que a agrediu “de maneira inesperada e sen que puidese defenderse”. Así, “golpeouna en distintas partes do corpo, púxolle unha corda no pescozo, inmobilizouna atándolle as mans ás costas e causoulle a morte por asfixia”.

O brutal ataque que recibiu Cándida dunha maneira súbita no interior do seu propio domicilio, a persistencia das acometidas físicas que recibiu, a persecución e as dúas ataduras feitas para eliminar a máis mínima posibilidade de defensa e para finalmente afogala non deixan lugar a dúbidas da concorrencia da aleivosía na morte da vítima e para cometer o roubo”, indica o maxistrado presidente na sentenza, contra a que cabe presentar recurso ante o TSXG.      

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta