Galicia lembra por carta ao Goberno que "non ten sentido" que se "agarren" ás competencias de xestión do litoral

Ángeles Vázquez incide "son propias" da comunidade galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2024 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, avanzou que na xornada do venres a Xunta enviou unha carta ao Goberno central para lembrarlle que "non ten sentido" que se "agarren" ás competencias de xestión do litoral que "non lle pertencen".

Así o sinalou este sábado a preguntas dos medios na súa visita ao areal Boa Grande, no municipio coruñés de Noia, para ofrecer recomendacións relacionadas coa exposición ao sol.

A titular de Medio Ambiente incidiu en que "continúan na mesma situación" e que o Ministerio de Política Territorial notificou que traslada a petición da Xunta --para que se transfiran os medios para a xestión do litoral-- ao Ministerio de Transición Ecolóxica.

"Espero que non se nos faga perder máis o tempo. Os expedientes están aí e non saen, nin por parte da Xunta, que non ten os medios, nin por parte do Goberno, que os ten totalmente paralizados", afeou Ángeles Vázquez.

Neste sentido, incidiu en que a Administración galega espera que "máis pronto que tarde" e se "pode ser este mes" que non espere a agosto, reúnase a comisión de transferencias e brinde a Galicia "todos aqueles medios" que estaban a utilizar.

Esas competencias son as referentes aos ámbitos medio ambiental, social e económico dentro da franxa da costa, no dominio público marítimo terrestre.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, durante a rolda de prensa do consello.. DAVID CABEZON @ XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, durante a rolda de prensa do consello.. DAVID CABEZON @ XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta