Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2024 | Actualizada ás 19:26
O corpo dun home duns 45 anos de idade foi achado este sábado flotando na auga na nas inmediacións do porto de Castiñeiras, en Ribeira.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular o que avisou sobre as 16,00 horas da presenza dun home flotando inconsciente no mar. Unha vez no punto, os efectivos de emerxencia só puideron certificar a morte do falecido.
Tras recibir o aviso, o persoal do 112 mobilizou ao Servizo de Urxencias Sanitarias, á Garda Civil e ao Grupo de Emerxencias de Ribeira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.