Altri presume das ofertas de traballo recibidas, "máis de medio milleiro de currículos" para a fábrica de Palas

Dí que o 24% son da cidade de Lugo e 17% das comarcas de Ulloa, Melide e Arzúa.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 09/08/2024 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Un total de 530 currículos recibiu Greenfiber, en menos dun mes, para a bolsa de emprego que a compañía abriu o pasado mes de xullo "a fin de identificar talento para o proxecto GAMA, a fábrica de fibras téxtiles que prevé pór en marcha en Palas de Rei", informa.

O 51% das candidaturas proceden da provincia de Lugo e o 49% doutros puntos da xeografía galega. Concretamente, o 24% dos candidatos ten como lugar de residencia a cidade de Lugo e ao redor do 17% nas comarcas de Ulloa, Melide e Arzúa.

En canto ao nivel académico, máis do 47% declara ter estudos superiores, xa sexa de grao, de posgrao ou de doutoramento, precisa a empresa. Pola súa banda, os candidatos con titulación de Formación Profesional alcanzan o 35% e os que contan con educación secundaria ou bacharelato, un 18%, aproximadamente.

Recreación virtual do proxecto de Greenfiber para Palas de Rei / GREENFIBER / Europa Press
Recreación virtual do proxecto de Greenfiber para Palas de Rei / GREENFIBER / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta