Todo listo para unhas Festas da Peregrina en Pontevedra cunha Batalla de Flores adaptada a persoas autistas

O Concello está pendente da finalización do informe sobre as atraccións, tres das cales teñen que liquidar aínda cuestións.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 09/08/2024 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A cidade de Pontevedra xa está preparada para iniciar as Festas da Peregrina, segundo destacou este venres o concelleiro Demetrio Gómez, que informou de todos as actividades organizadas durante a Semana Grande que, entre outras novidades, incluirá unha Batalla de Flores que comezará sen música pensando nas persoas con trastorno do espectro autista.

Este é un dos novos pasos que o concello da capital dá en canto ás medidas relacionadas coa accesibilidade e a inclusión, entre as que tamén se inclúen a ampliación do tempo sen son nas atraccións da Feira ou unha sala de lactación nos aseos instalados na Alameda.

Tamén se instalaron as plataformas para que persoas con mobilidade reducida poidan ver os concertos da Praza da Ferrería e da Praza de España; e haberá tradución en tempo real a lingua de signos durante o pregón.

As Festas da Peregrina iniciarán o seu programa oficial de actividades este mesmo sábado, finalizando o luns 19 de agosto. "Está practicamente todo listo e todo en orde para que comece a Semana Grande", explicou o concelleiro, que tamén destacou a "dificultade e tamaño" do operativo despregado "porque no mes e pico previo de preparación todos os servizos municipais traballan arreo para facelo posible".

Nesta ocasión, a capital da provincia contará con 35 policías na rúa, apoiados por 15 membros de Protección Civil, un total de 50 persoas todos os días velando pola seguridade de todo a veciñanza. Este equipo estará apoiado polo corpo de Bombeiros nas tiradas de fogos de artificio.

ATRACCIÓNS

En relación coa revisión de seguridade das atraccións de feira, o Concello de Pontevedra non contaba ás 12.00 horas co informe definitivo, que aínda se estaba completando e aínda faltaba que os técnicos fixesen algunha inspección.

Con todo, Demetrio Gómez adiantou que hai un total de tres atraccións que non cumpren coa normativa actual e que tratarán de liquidar este problema ao longo das próximas horas, antes da apertura oficial das mesmas. "A Policía Local estará pendente deste informe e vixiará polo seu cumprimento", asegurou o edil.

Palco das festas da Peregrina en Pontevedra
Palco das festas da Peregrina en Pontevedra | Fonte: Rosa Lameiro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta