O aeroporto de Vigo, o único que aumentou en xullo o número de viaxeiros de 2023

A chegada de visitantes baixan nos aeroportos de Santiago e A Coruña.

Por E.P. | VIGO | 12/08/2024 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O aeroporto de Vigo é o único galego que mantivo en xullo o número de viaxeiros rexistrado no mesmo mes de 2023, con 111.380, un 0,1% máis, mentres que os usuarios dos aeródromos de Santiago de Compostela e da Coruña caeron.

Segundo datos publicados este luns polo xestor de aeroportos Aena, durante o pasado mes de xullo 1.108 voos operaron na pista viguesa, dos cales 867 foron comerciais. Ademais, mobilizáronse 23 toneladas de mercadorías. Así, no que vai de ano 567.918 viaxeiros optaron por Peinador, un 11,8% menos que no mesmo período de 2023, "aínda que hai que ter en conta que en maio estivo operativo só seis días debido ás obras de reasfaltado da pista", lembrou Aena.

Pola súa banda, o aeroporto de Santiago rexistrou 388.610 pasaxeiros en xullo, un 2,5% menos, mentres que acumula 2,14 millóns no primeiros sete meses do ano, un 6,8% máis. En concreto, realizáronse 2.807 voos desde Lavacolla en xullo, un 2,7% máis, dos que 2.555 foron comerciais. Tamén se moveron 459 toneladas de mercadorías, un 12,5% máis.

O aeroporto da Coruña contabilizou 112.754 viaxeiros, un 3,8% menos, con 1.444 operacións en xullo, un 1% máis, das que 848 eran comerciais. Tamén moveu 3,3 toneladas de mercadorías. No que vai de ano acumula 713.486 usuarios, un 0,5% menos.

Imaxe do aeroporto de Vigo
Imaxe do aeroporto de Vigo | Fonte: PEDRO DAVILA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta