Os maiores de 55 anos en activo en Galicia soben un 47% en dez anos

Os datos colocan a Galicia no sétimo posto de envellecemento da poboación activa

Por E.P. | Santiago | 20/08/2024 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

O número de persoas en activo maior de 55 anos creceu un 63% no últimos dez anos e, por primeira vez, superou o cinco millóns de persoas en España como consecuencia do envellecemento da poboación, segundo un estudo da Fundación Adecco difundido este martes. En Galicia, esta cifra creceu un 47% na última década e xa alcanza as 283.000 persoas

O informe sinala que a idade media da forza laboral é cada vez maior. Así, entre as persoas que teñen idade para traballar, os maiores de 55 anos teñen un peso crecente, do 21% na actualidade, fronte ao 13,6% de hai unha década e o 10% de fai vinte anos.Na comunidade galega, esta porcentaxe é do 22,6, o que sitúa á rexión no sétimo posto do ranking de  envellecemento da poboación activa.

Como consecuencia diso, en 2024, por primeira vez, as persoas activas maiores de 55 anos superan o cinco millóns (5.089.500) en España, un 4,6% máis que en 2023 (4.865.800), un 63% por encima da cifra de fai dez anos (3.114.300) e un 146% máis que hai dúas décadas (2.071.900).

Así mesmo, o informe reflicte que actualmente se contabilizan 137 persoas maiores de 64 anos por cada 100 menores de 16 anos, un índice do 137% que, segundo a Fundación Adecco, está a crecer "a un ritmo desbocado" tendo en conta que os indicadores de esperanza de vida e taxa de natalidade "avanzan sen tregua cara a un inverno demográfico".

Este índice é moito máis alto no caso de Galicia, onde se contabilizan 218 persoas maiores de 64 por cada 100 menores de 16, un índice do 218%.

A pesar diso, a Fundación Adecco avisa de que este segmento da poboación afronta grandes prexuízos e estereotipos no mercado laboral que poden conducirlles á inactividade, ao desemprego de longa duración, a xubilacións forzosas e anticipadas ou a un maior risco de exclusión e/ou pobreza. "Todo un contrasenso, tendo en conta que a idade de xubilación tende á alza, sendo a contribución sénior clave para a competitividade do país", engade.

Por comunidades autónomas, Castela e León (25,8%), Asturias (24,3%) e Cantabria (23,4%) son as rexións que presentan unha forza laboral máis envellecida, cunha maior proporción de persoas maiores de 55 anos no total da poboación activa. No lado contrario sitúanse Baleares (18,3%), Murcia (19,1%) e Andalucía (19,6%).

En calquera caso, o estudo apunta que en todas as comunidades autónomas a proporción da forza laboral sénior vai en aumento e roza o 20%.

"O proceso de envellecemento colleu velocidade de cruceiro en España e ten un gran impacto no mercado de traballo. En primeiro lugar, a forza laboral é cada vez máis sénior e urxe desterrar os prexuízos e estereotipos que dificultan o acceso ao emprego das persoas máis veteranas, ás que se asocia con obsolescencia ou menor flexibilidade", afirmou Francisco Mesonero, director xeral da Fundación Adecco.

Mesonero advertiu ademais de que o envellecemento trunca as perspectivas de substitución xeracional, polo que ve urxente apostar pola cualificación da cidadanía como política tractora do país, permitindo achegar o seu talento a persoas tradicionalmente inactivas, como aquelas con discapacidade ou mulleres que dedicaron a súa vida á familia e agora desexan incorporarse ao mercado laboral.

Unha oficina de servizo público de emprego (España).. Jesús Hellín - Europa Press
Unha oficina de servizo público de emprego (España).. Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta