Atopan o corpo dun home flotando no río Avia, en Leiro

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/08/2024 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dunha persoa apareceu flotando este mércores no río Avia, na zona do camiño do Meixeiro, en Lebosende, parroquia do municipio de Leiro (Ourense), segundo informou 112 Galicia.

Ata o lugar desprazouse un equipo sanitario que só puido confirmar a morte dun home de entre 60 e 70 anos. Así mesmo achegáronse axentes da Garda Civil e Bombeiros do Carballiño e do GES de Ribadavia.

Dous mergulladores da Garda Civil durante a busca dun  desaparecido nun río
Dous mergulladores da Garda Civil durante a busca dun desaparecido nun río | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta