Preto dun centenar de mozos optan ás 50 prazas do programa de bolseiros de internacionalización da Xunta

Para adquirir competencias profesionais en mercados exteriores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2024 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

A Xunta ten en marcha unha nova convocatoria do programa de bolseiros de internacionalización, que permitirá a contratación de medio cento de mozos galegos que poderán adquirir competencias profesionais en mercados exteriores para mellorar as vendas internacionais do tecido empresarial galego.

Segundo informou o Executivo galego, a iniciativa recibiu preto dun centenar de solicitudes e os candidatos deberán de superar un proceso selectivo consistente nunha proba de idiomas (para os que non achegaron o correspondente certificado) e unha entrevista persoal.

O obxectivo deste programa é fortalecer a especialización en comercio exterior facilitando a contratación destas persoas, menores de 35 anos, con titulación universitaria superior, que adquirirán formación práctica en internacionalización que se poderá levar a cabo no estranxeiro e ou en Galicia, en entidades e organismos oficiais relacionados coa internacionalización empresarial.

Desta forma, a duración da bolsa establécese nun máximo de 11 meses coa posibilidade de prorrogala por igual período de tempo. Os países nos que os seleccionados completarán a súa formación no estranxeiro inclúen novos mercados internacionais, algúns deles de interese estratéxico para o tecido empresarial galego.

Os bolseiros terán como posibles destinos, entre outros, Bogotá, Casabranca, Chicago, Dubai, Dusseldorf, Johannesburgo, Kuala Lumpur, Lima, México, Miami, Montevideo, Oslo, Ottawa, Roma, Seúl, Singapura ou Tokio.

Adolescentes e mozos
Adolescentes e mozos | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta