O Tribunal Supremo ditou unha sentenza na que se opón a que os traballadores poidan gozar dun permiso retribuído por acompañar ao médico a familiares que non estean ao seu cargo, polo que só procede tal permiso cando os fillos, pais e persoas dependentes estean a cargo do traballador.
  comenta   0
A Fiscalía considera que estas sustancias as tiña escondidas o procesado co propósito de proceder á súa distribución lucrativa no mercado ilícito. Ditas sustancias alcanzarían no mercado ilícito un valor aproximado de 825,48 euros a cocaína e 120,12 euros o haxix.
  comenta   0
Un equipo interdisciplinar da USC relacionou por primeira vez o desgaste dental acentuado co consumo masivo de peixe na poboación pontevedresa dos séculos XIII a XVII naquelas persoas.
  comenta   0
A principal novidade desta convocatoria é a subida do 5 % nos limiares de renda, que permitirá que máis estudantes accedan a unha bolsa. Isto súmase ás melloras incorporadas en cursos anteriores como o incremento de 1.600 a 2.500 euros nas bolsas de residencia.
  comenta   0
Elsa Astor Álvarez-Ossorio, da asociación We Sustainability, apunta que o que máis lles escandaliza cando van realizar recollidas de residuos ás praias é "a gran cantidade de lixo que atopan de xente que usa o inodoro coma se fose unha papeleira". Toparon de todo, "dende bastonciños para os oídos ata produtos de hixiene íntima e unha cantidade descomunal de toalliñas húmidas".
  comenta   0
O novo contrato, ao que tivo acceso Europa Press, pode alcanzar en total un importe máximo de 2.011.625 euros para os servizos de interpretación e tradución das intervencións realizadas nas linguas cooficiais, mentres que o primeiro contrato que se licitou estaba orzado inicialmente nun montante que podía chegar ata os 756.000 euros, é dicir, un incremento total de ata 1,25 millóns de euros, uns 250.000 euros extra ao ano.
  comenta   0
As vendas do grupo ascenderon a 25.609 millóns de euros, un 11,1% máis, cunha evolución "moi satisfactoria" tanto en tenda como en liña, positiva en todas as áreas xeográficas e en todos os formatos.
  comenta   0
os efectivos da policía nacional rexistraron un trasteiro do acusado, onde atoparon numerosas tabletas de cocaína valoradas en máis de 200.000 euros, así como resina de cannabis valorada nuns 20.000 euros. Así mesmo, os axentes localizaron máis bolsas de cannabis e doutras sustancias como THC, ademais de 65.690 euros distribuídos en billetes de 500, 200, 100, 50, 20 10 e 5 euros.
A través delas, cinco novos que teñan conexión con Galicia (por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos e traxectoria profesional) poderán completar os seus estudos en institucións culturais do país norteamericano cunhas bolsas que teñen como obxectivo fortalecer o sector cultural galego.
  comenta   0
Dezaseis empresas cotizadas da Bolsa española estarán no novo Dow Jones Sustainability World Index (DJSI, polas súas siglas en inglés), elaborado pola axencia S&P Global, o mesmo número que na revisión de 2022 pero con novas incorporacións.
  comenta   0
A falta de confirmación coas probas de ADN, non se correspondería co veciño cuxo cranio foi atopado hai semanas.
  comenta   0
O dividendo irá dirixido aos accionistas que o sexan ás 23.59 horas do día 31 de outubro de 2023, a razón de 0,01714 euros brutos por acción, descontada a autocarteira.
  comenta   0
A cita tivo lugar en Sevilla o pasado 2 de outubro e puido presenciarse en directo e en streaming. O equipo de alumnas e alumnos do IES Río Cabe que competía tivo que facer fronte a preguntas financeiras relacionadas cos xuros bancarios, accións, contas bancarias e compras de produtos con descontos.
Aumentou as vendas un 40% no primeiro semestre pero descendeu un 1,63% en bolsa. O conselleiro delegado destaca a importancia das ventas online e das ventas físicas.
  comenta   0
Como é posible que unha empresa perda 1.700 millóns en menos de catro meses?. As acións de EidF pasan de valer 31 euros en abril a cinco en setembro. Detrás do modelo de negocio está Fernando Romero, a cuarta persoa máis rica de Galicia.
  comenta   0
Para acceder unha bolsa predocotoral pola Xunta, é necesario estar matriculado nun programa de máster ou de doutoramento, ademais de ter unha media global igual ou superior a 7,5 puntos.
  comenta   0
Substituirá á microplanta que operaba ata agora no municipio e poderá dar servizo a oito municipios, que aglutinan unha poboación de máis de 23.000 habitantes.
  comenta   0
Pide ao Goberno "estabilidade" e di que a día de hoxe "non hai ningún incentivo" para saír a bolsa.
  comenta   0
Os sindicatos tachan de "parche" o acordo, que "non dá garantías aos traballadores" ao "non asegura o seu recolocación" en caso de despedimento
  comenta   0
Poderán concorrer a esta convocatoria titulados no últimos cinco anos en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, con proxectos inéditos e sen ningún outro tipo de financiamento nin privada nin pública.
  comenta   0
O goberno local destinará case 1,3 millóns de euros, "Debo dicir que garantimos todas as bolsas. Ningún neno de Vigo quedará sen ela se cumpre os requisitos", reivindicou o rexedor
As propostas poden ser de traballos xornalísticos de calquera xénero, iniciativas para un novo medio ou proxectos que teñan como finalidade a información e a comunicación.
  comenta   0