Localizan en Ponferrada o menor de Cangas desaparecido desde o sábado

O mozo de 17 anos foi encontrado en bo estado

Por Europa Press / Redacción | Cangas | 29/08/2024 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

O mozo de 17 anos Izan Pousada, veciño de Cangas, desaparecido desde o pasado sábado, foi localizado en bo estado este mércores en Ponferrada.

Así o confirmou a Garda Civil e ratificouno en redes sociais a nai do mozo, que agradeceu o apoio dos veciños nestes días de incerteza. A asociación SOS Desaparecidos desactivou a alerta que fixera pública con motivo desta desaparición, que a familia había denuciado ante a Garda Civil.

A familia de Izan non sabía nada do seu paradoiro desde o pasado sábado e non conseguía contactar con el, porque tiña o teléfono desconectado. Os achegados sospeitaban de que podería tomar un autobús en Pontevedra.

Desactivada a alerta pola desaparición do cangués Izan Pousada, localizado en bo estado en Ponferrada (León).. SOS DESAPARECIDOS
Desactivada a alerta pola desaparición do cangués Izan Pousada, localizado en bo estado en Ponferrada (León).. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Hai moitos anos existía un conto que dicía: un rapaz de Cangas marchou da casa coa intención de coñecer mundo... Cando chegou a Porriño berrou: "Mi madriña, que grande é o Mundo" e decidiu regresar á casiña... Polo que se vé en 60 anos chegamos a Ponferrada ! Esto leva bo camiño... (abusamos tanto das alertas que chegará o día que non sirvan para nada...)