O BNG irá á reunión do pacto polo galego que quere a Xunta, á que pide que "free o desastre" da lingua

Segundo expuxo o viceportavoz parlamentario Luís Bará.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2024 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O BNG confirmou que asistirá á reunión convocada pola Xunta o vindeiro xoves 24 de outubro cos grupos políticos do Parlamento de Galicia para explorar a apertura dun diálogo de cara a acordar "un gran pacto polo galego".

A preguntas dos xornalistas este mércores nunha rolda de prensa celebrada na Cámara galega, o viceportavoz parlamentario Luís Bará sinalou que acudirán á chamada "coa vontade de achegar ideas" e "esixir" á Xunta que "corrixa" as decisións políticas que "levaron" ao retroceso no uso e coñecemento da lingua galega que apunta a enquisa publicada recentemente polo Instituto Galego de Estatística.

Para o deputado frontista, o "desastre" que vive a lingua propia de Galicia "pode frearse" se o Goberno autonómico, como administación responsable "principal", adopta medidas.

O deputado do BNG Luís Bará. BNG
O deputado do BNG Luís Bará. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta