60 anos máis de ENCE na Ría de Pontevedra

O Estado concede a prórroga á celulosa, que promete máis de 60 millóns de investimento en melloras ambientais e de produtividade.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 25/01/2016 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente outorgou a Ence - Enerxía e Celulosa a prórroga da concesión de ocupación dos terreos nos que se sitúa o seu centro de operacións de Pontevedra. A prórroga concédese por 60 anos, cun prazo adicional por encima dos 50 anos.

Instalacións de ENCE na beira da Ría de Pontevedra, en Lourizán
Instalacións de ENCE na beira da Ría de Pontevedra, en Lourizán | Fonte: ence.es

Promesas de investimento
Segundo ENCE, o Estado xustifica a decisión polo “forte compromiso de Ence en Pontevedra cun investimento de 61 millóns de euros”.  Así, o ENCE prometeu gastar 30,2 millóns na mellora da eficiencia da fábrica, o que “permitirá un crecemento en celulosa e enerxía renovable”. Ademais, a empresa díxolle a Administración que investirá 15 millóns na instalación dun novo ciclo da auga, que faría posible recuperar gran parte da auga do proceso e minimizar o volume do efluente.

A compañía promete tamén “melloras ambientais”, concretamente na eliminación de cheiros, de ruídos e de vapores, así como para “garantir a fiabilidade ambiental máis aló das súas obrigacións legais” e mellorar a integración paisaxística.

División de opinións en Pontevedra
A presencia da fábrica de celulosa na Ría é un aspecto moi polémico na comarca, onde existe hai décadas un activo tecido social contrario á industria. Un dos colectivos máis críticos, Salvemos Pontevedra, mantén aberto un preito no que reclama que o Estado abra e execute o expediente para facer caducar a concesión na costa, agora prorrogada.

O asunto tamén é moi relevante a nivel político, pois o PP prometeu a nivel galego que buscaría outra situación para a fábrica cerca de Pontevedra, mentres os conservadores e varios sidnicatos a nivel local sempre estiveron a prol da súa permanencia na praia de Placeres. Polo contrario, os partidos de esquerda levan anos apoiando as mobilizacións de colectivos como a Asociación en Defensa da Ría contra a celulosa. Este asociación argumenta que se ceden "terreos de titularidade pública a unha empresa privada que, ademáis, incumpre a legalidade".

"Ence non vai a defraudar a Pontevedra e a súa bisbarra, e comprométese a traballar coa máxima responsabilidade e co maior rigor para seguir xerando riqueza e emprego, así coma para contribuír á  calidade de vida dos ciudadáns de Pontevedra, coa esperanza de facerse acreedora de apoio á súa actividade e permanencia por parte de todos os pontevedreses e pontevedresas", remata o comunicado publicado hai uns minutos.

A decisión chega cun goberno en funcións, que en teoría só pode abordar asuntos de trámite. No Consello de Administración de ENCE participan varios ex-altos cargos de administracións dirixidas polo PP, como Isabel Tocino, ex-ministra de Medio Ambiente, e Carlos de Álamo, ex-conselleiro tamén de Medio Ambiente na era Fraga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

18 Todovello

A CIG di que o sabia hai tempo. Enton para que tanto teatro. Cando foi o seudodebate sobre ENCE sairon coa historia de que os do ensino pesaban moito no sindicato e CIG iba polo traslado. O partido non deixa mover unha palla si non quere e polo tanto vendeuse a opinión publica unha pretendida democracia interna deixando que o secretario comarcal do ensino expresase a posición a favor do traslado da empresa, como si este matadiño pintase algo. Dous paxaros dun tiro: dar imaxen de debate interno libre dentro de CIG pontevedra e seguir a política do partido no Concello. Un farol dentro da política de farol do partido sobre ENCE. Cuestión de modular o estado de animo da poboacion ao longo do tempo quitando rédito a un postureo elaborado a unha imaxe falsa de rebeldía, cambio, frescura. Farol prolongado no tempo, xogo maquiavelico

17 Confundirse de enemigo

Pillines da Marea Pontevedra que se opoñen a ence pero se opoñen ao PXOM que a deixa fora. E levan dentro a EU CC Oh Oh e Podemos que como todo o mundo sabe en Ponte son moi antience jajaja que pillines

16 Que foi de Fernando Blanco?

Algúns lembramos o tempo e as ocasión perdidas. Cando o BNG ostentou no goberno da Xunta a Consellería de Industria, entroulle sentido de Estado e non foi directamente contra ENCE e sobre todo contra ELNOSA que a tiña a punto de caramelo. E iso que era todo un militante da UPG. Agora, os monta plataformas familiares da BNG de Lores xa teñen o típico instrumento leninista de "dividir para sumar" por conta do aumento da concesión a Celulosas en Lourizán. Unha derrota por todo o alto do goberno municipal de Pontevedra (que se opón, pero non se opón) e da APDR, convertida na típica ONG envellecida, autista e non mais que compañeira de viaxe dos intereses particulares dun partido como o BNG. E estar aliada do BNG nestes días xa se sabe o que é: quedar fóra da realidade.

15 Fora mer da

As celulosas e demais empresas contaminantes que as manden todas para o terceiro mundo, que alí non nos molestan. De paso que quiten os eólicos dos montes e os embalses e monten 5 nucleares en Madrid e a ver se hai sorte e pasa como en Chernobil.

14 RUAS

Asociación Pola Defensa da Ría Mañá martes 26 ás 20.00h ASEMBLEA ABERTA DE ENCE FÓRA PARA SEMPRE na sede da Federación Veciñal Castelao. A ría e nosa e non da celulosa !!!

1 Mosquera

Cantos caben ahi, 60? Que ven vos dirixe e esclerotiza UPG_Mosquera