Por Alberto Quian | Madrid | 26/01/2016 | Actualizada ás 10:30
Ferveu Twitter coa polémica prórroga do Goberno en funcións a ENCE, que lle concede sesenta anos máis de actividade á celulosa. A nova transcendeu a ría de Pontevedra e as fronteiras galegas, e converteuse nun dos temas máis quentes deste luns en Twitter en España.
De feito, dende aproximadamente as dúas da tarde, cando se empezou a espallar a nova polas redes sociais, ENCE mantívose case todo o día entre as dez tendencias máis destacadas de Twitter en España, grazas ao gran impacto mediático que tivo a nova en medios galegos e estatais, e á polémica suscitada por esta concesión.
Todos os datos que amosamos a continuación foron recollidos á medianoite.
En total, publicáronse durante todo este luns 1.651 chíos sobre esta nova, que alcanzaron a 4.968.079 usuarios e acadaron 6.634.620 impresións.
O máis salientable é que as contas máis influíntes, por impresións acadadas, son medios e organizacións activistas estatais, como se pode observar nesta táboa, o cal demostra que un tema que poderiamos considerar un problema local se converteu nun asunto de Estado.
Conta | Seguidores | Impresións | Exposición | Chíos | |
Greenpeace España @greenpeace_esp |
605,476 | 1,210,952 | 1,263,795 |
Greenpeace España @greenpeace_esp
La Ría de Pontevedra seguirá contaminada 60 años más. El Gobierno 𝘦𝘯 𝘧𝘶𝘯𝘤𝘪𝘰𝘯𝘦𝘴 prorroga #ENCE a pesar de esto: https://t.co/Bwd4muikoV
Greenpeace España @greenpeace_esp
ENCE tenía que reubicarse, según la Audiencia Nacional. Pero el Gobierno del @PPopular ha pensado lo contrario: https://t.co/9Lkb9j2d9B
|
|
24h @24h_tve |
879,905 | 879,905 | 881,873 | ||
Publico.es @publico_es |
681,194 | 681,194 | 683,615 |
Publico.es @publico_es
Medio Ambiente da 60 años más a la papelera Ence para su planta contaminante de Pontevedra https://t.co/9L0SbRBkFz https://t.co/WjNnVE8G93
|
|
elEconomista.es @eleconomistaes |
568,791 | 568,791 | 570,376 |
elEconomista.es @eleconomistaes
El Gobierno en funciones prorroga 60 años la concesión de #Ence en Pontevedra https://t.co/d5MmEvKmoi https://t.co/5s5V8TGEsu
|
|
expansioncom @expansioncom |
565,360 | 565,360 | 565,389 |
Ence consigue la prórroga de ocupación de los terrenos de su centro de Pontevedra https://t.co/TX5IEIycFG
|
|
Democracia real YA! @democraciareal |
243,555 | 243,555 | 244,548 |
Democracia real YA! @democraciareal
El Gobierno en funciones prorroga 60 años la concesión de Ence en la ría de Pontevedra https://t.co/r4TKSLAyCf https://t.co/2Y9Iekk9tB
|
Hai que salientar tamén que os usuarios que máis retweets conseguiron foron o activista, deputado e membro do partido ecoloxista EQUO Juan López de Uralde (por dúas veces), a organización Greenpeace España e a militante de Podemos en Sanxenxo Mar Moreira.
Conta | Retweets | Chío | |
Juan López de Uralde @juralde |
184 |
Otro regalo del Gobierno "en funciones ": prorroga hasta el 2073 la concesión de Ence en la ría de Pontevedra https://t.co/iXSR37uthW
|
|
Greenpeace España @greenpeace_esp |
108 |
Greenpeace España @greenpeace_esp
La Ría de Pontevedra seguirá contaminada 60 años más. El Gobierno 𝘦𝘯 𝘧𝘶𝘯𝘤𝘪𝘰𝘯𝘦𝘴 prorroga #ENCE a pesar de esto: https://t.co/Bwd4muikoV
|
|
Mar Moreira @marmoreira79 |
77 |
El pontevedres Rajoy sentencia a muerte la ría de Pontevedra lapidando su futuro, prorrogando a #ENCE 60años https://t.co/03gzSsYfT1
|
|
Juan López de Uralde @jurald |
75 |
Otro regalo del Gobierno "en funciones ": prorroga hasta el 2073 la concesión de Ence en la ría de Pontevedra... https://t.co/aRLCF6LQKt
|
|
Carlos Rey Estévez @carlos_rey1 |
60 |
Carlos Rey Estévez @carlos_rey1
ENCE seguirá contaminando la Ría de Pontevedra hasta 2073 gracias a la prórroga del Gobierno en funciones del PP. https://t.co/pz5QuFWtUn
|
|
Galiza Nova @galizanova |
57 |
O @PPopular agasalla a ENCE con 60 anos máis. Negocio para eles, ruína para o País A RÍA É NOSA, E NON DA CELULOSA! https://t.co/ZhZNzxKOx7
|
Do total de chíos publicados, só o 26,7% foron publicacións orixinais, mentres que o 70,9% foron retweets e un 2,4%, respostas, o cal demostra que menos dun terzo dos usuarios son os que dirixen a atención sobre o tema, exercendo como usuarios influíntes sobre os demais.
Tamén hai que salientar que o 60% dos usuarios de Twitter que participaron neste proceso de espallamento da nova sobre Ence son varóns, é dicir, son os homes os que máis se interesan por un problema desta índole.
Por último, e como dato curioso para os tecnófilos, o 46,4% dos usuarios que falaron de Ence en Twitter estaba a comunicarse mediante o sistema Android para móbiles, o 27,9% fíxoo mediante a versión web de Twitter para ordenadores, o 11,4% mediante iPhone, e o resto con outros sistemas.
Todos os datos foron obtidos de keyhole.co.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.