A xuntanza de BNG e Anova remata con boas palabras pero sen acordos

O partido de Ana Pontón insiste nunha fronte nacionalista e o de Xosé Manuel Beiras aposta por unha gran coalición de partidos nacionalistas e non nacionalistas e agrupacións cidadáns inspiradas no modelo de En Marea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/03/2016 | Actualizada ás 22:11

Comparte esta noticia

Boas palabras pero ningún acordo. Así rematou a xuntanza que este martes mantiveron dirixentes do BNG e de Anova para tentar aproximar posicións sobre unha gran fronte electoral de cara ás vindeiras eleccións autonómicas.

Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras, con outros membros da dirección do BNG, Cerna e Anova, nunha xuntanza para falar dos pactos das Europeas
Xavier Vence e Xosé Manuel Beiras, con outros membros da dirección do BNG, Cerna e Anova, nunha xuntanza para falar dos pactos das Europeas | Fonte: lainformación

E é que os dous partidos mantiveron posturas moi diferentes e case que irreconciliables. O Bloque trasladoulle a Anova a súa vontade a sumar para a conformación dunha candidatura nacionalista de esquerdas, en clave de país e que teña o seu centro de decisión en Galiza. "Unha candidatura derivada dun proceso de acumulación de forzas, moi especialmente, de colectivos e persoas que se sintan nacionalistas, soberanistas ou galeguistas, máis aló de que teñan ou non militancia organizada", apuntaron desde esta formación.

Sen embargo, Anova insistiu na necesidade de sumar ao BNG nunha gran coalición de forzas políticas de ámbito galego e non galego que, segundo apuntou, está en condición de derrotar ao PP. "Unha fronte na que as formacións nacionalistas poidan ter a importancia e o peso que merecen", segundo indicaron fontes desta formación. Con todo, o BNG suliñou que non participará "nunca" dun proxecto non nacionalista.

No que si coincidiron as dúas formacións é na necesidade de derrotar ao PP pola "toxicidade das políticas de Feijóo que teñen derivado en desemprego, emigración masiva de xente moza, devalo dos sectores produtivos, recorte de servizos públicos e de prestación sociais e unha perda de peso político e do autogoberno de Galiza".

Nun comunicado, o BNG agradeceu ás responsábeis de Anova a asistencia ao encontro, que descorreu con cordialidade. Ambas as dúas formacións seguirán coa rolda de contactos con forzas políticas de cara aos comicios galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

2 nostrus

Era mucho mas positivo un acuerdo entre UPyD y C´s. La pena es que Rosa 10 con su intransigencia y su protagonismo llevó al partido al desastre. Eran partidos muy proximos que ponen por delante de todo el bienestar de la gente.

1 Cachado

Hombre nostrus, ya hace tiempo que se te ve el plumero. Pero ahora ya los has confirmado al 100%.

1 Gamela

aburren a calquera!!! como sigamos tan dignos imos ter de novo a Feijoo outros 4 anos !!!