A situación dos CONA

O Colectivo dos Non Adscritos, coñecido comunmente como CONA, volve a funcionar aínda que os seus membros se teñan dividido entre quintanistas e beiristas logo das grandes diferencias que enfrontaron a Beiras e Quintana despois da XI Asamblea Nacional...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/09/2006 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Actualmente, este colectivo dividiuse en dous polos, aínda que alguén fala de tres; o que representa Roberto Mera (que encabezou o liderazgo dos CONA na XI Asamblea Nacional) e Ana Luisa Bouza (directora xeral de Igualdade), o que representa Emilio Ínsua (da zona do Condado e moi próximo a Beiras) e o que di manter Amada Traba (man dereita de Camilo Nogueira).

Mera é, agora, un dos principais aliados de Quintana na súa estratexa de fixar un grupo propio dentro do BNG. Ínsua é un firme impulsor do Foro -movemento impulsado polos Beiristas-, mentres que Traba traballa activamente na Alternativa, a candidatura impulsada por Nogueira e EN.

Os antigos aliados converteronse, agora, en inimigos políticos. De feito, tanto os CONA beiristas e camilistas acusan a Mera, Bouza ou o deputado Manuel Parga de "terse vendido" por postos institucionais. Non obstante, éstes lembran que quen traicionou os postulados dos Non Adscritos foron eles por aliarse "con quen sexa" co único fin de atacar a Quintana e esquencer os principios fundacionais do colectivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

13 eu

desmontando mentiras unha por unha:

sacado de http://apelidodia.bitacoras.com/arc...

MINTE QUE ALGO QUEDA

Tomamos prestada a expresión recentemente empreganda pola Conselleira Anxela Bugallo para denunciar que un bo número de profesionais do audiovisual galego están a ser inxuriados pola única razón de ter expresado publicamente a súa ideoloxía política.

Hai cousa duns días, gracias ó portal de novas Chuza, descubríamos que nun blog, supoñemos que do PP (igual de Nuevas Generaciones) se publicaba o que en toda regra era unha “lista negra” de profesionais que están a sacar rendemento do novo goberno.
A lista está totalmente integrada por profesionais que participaron na producción Hai que botalos, á que tantas veces fixemos alusión e que está visto que aínda lle escoce a máis de un.
O caso é que segundo Quin2006, o blog, todos eses profesionais deben a súa actual ocupación a unha acción de goberno e teñen os seus respectivos traballos gracias á súa colaboración co bienio PSOE-BNG no seu asalto ó poder.
En circunstancias normais, a blogs de este estilo non lles faríamos nin puñetero caso, sen embargo, o pasado domingo 24 o diario ABC, facíase eco da mesma lista negra e esto xa é algo máis serio. E xa sabemos de que pe coxea o ABC, mesmo recordamos algunha interesante reflexión que neste xornal se fixo sobre os galegos: “En familia y matrimonio, como el otro exigió las bodas gays (Carod Rovira), éste (Anxo Quintana) conseguirá que cada gallego se pueda casar con su vaca, porque ustedes saben que los gallegos son mucho de la vaca, su pareja de hecho para algunos.” (Antonio Burgos: “Que pesadez, otro Carod en Galicia”. Opinión. Diario ABC. Xuño. 2005).
Pero aínda así pensábamos que nun xornal que se presupón serio e que ten unha tirada de 600 mil exemplares (o que quere dicir que o len máis ou menos 2 millóns de persoas) non serían capaces de acusar directamente a profesionais individuais de conseguir os seus traballos en produccións como: “Hotel Tívoli”, “Cargo”, “Galatasaray-Depor”, “Heroína”, “O partido” ou “Pepe, o inglés” entre outros, ou de insinuar que estas produccións se fixeron gracias a un trato de favor do goberno galego pola implicación dalgúns dos integrantes no filme Hai que botalos.
Esto é unha enorme estupidez que calquera podería comprobar que é mentira.

Proba 1: As axudas otorgadas polo bipartito.

Ata o momento o bipartito só concedeu unhas axudas á producción audiovisual, ás do presente ano 2006. Estas axudas aínda non foron publicadas do Diario oficial de Galicia (D.O.G.) sen embargo desde a Consellería fixeronse públicas o pasado día 12 de setembro e aquí aparecen publicadas nesta noticia recollida do xornal cineporlared:

____________________________________________________________

La Consellería de Cultura de la Xunta de Galicia ha hecho pública la resolución de las ayudas para producciones y coproducciones audiovisuales e interactivas en lengua gallega correspondientes a la convocatoria de 2006. En total, se han repartido 4.758.205 euros entre medio centenar de proyectos.
En el apartado de largometrajes de ficción, se han otorgado 8 ayudas a otros tantos proyectos por un importe de 1.890.899,74 euros. La mayor cantidad (320.000 euros) se ha destinado a A casa da luz, de Vimbio Filmes. 300.000 euros percibirán Voz Audiovisual para O menor dos males, Milou Filmes para Unha muller invisible, y Xamalú para Rafael; 240.583,01 euros, Vía Láctea para Pradolongo; 200.132,60 euros, Ismael González PC para Memorias dun neno labrego ; 164.175,43 euros, Continental para Agallas; y 66.008,70 euros, Tic Tac para Prefiro camiñar. Por su parte, en la modalidad de óperas primas se han repartido seis ayudas por valor de 1.535.188,04 euros. En concreto, se han aportado 325.000 euros a Voz Audiovisual para Catalina, o xogo da vida; 323.630 euros a Cabo Sam Lourenzo para Os Crebinski, o filme; 299.900 euros a Ciudadano Frame para A veciña; 282.393,60 euros a Vaca Films para Retornos; 244.264,44 euros a Perro Verde Films para A noite da puta e o pan; y 60.000 euros a Barroco Films para Por mín e por tódolos meus compañeiros. En animación, hay un único proyecto que ha recibido apoyos: se trata de De profundis, de Desembarco Producciones, que logra 194.642 euros. Mientras, en la modalidad de tv-movies se han concedido otras 7 ayudas por un importe de 428.741,07 euros. 90.690 euros a Formato para Voltar a casa; 89.188,50 euros a Ficción Producciones para O bosque de levas; 73.989,63 euros a Saga TV para Branco e negro; 53.294,22 euros a Vaca Films para O tesouro; y 24.002,01 euros a Editorial Compostela para O Impostor. Para concluir, han sido apoyados dos telefilmes de Adivina: Se che vira o teu pai (con 66.696 euros) y Vida de familia (con 30.880,71 euros). En la modalidad de documentales de creación, se han concedido ayudas a 8 proyectos por valor de 269.510,89 euros: Liste, pronunciado Lister, de Nós PCG, percibirá 60.000 euros; O novo emden, de Saga TV, 54.000 euros; Pic-Nic, de Ignacio Benedeti, 45.352 euros; Qué culpa tiene el tomate, de Tic Tac, 19.826,69 euros; O rei do churro, de Directo Producciones, 16.500 euros; Os satélites: unha orquestra de lenda , de Centroña Prod., 13.443 euros. Por último, TV Siete ha obtenido dos ayudas en este apartado: una de 40.000 euros para Almacén, y otra de 20.389,20 euros para 2050. Y, en la modalidad de productos audiovisuales sobre la recuperación de la memoria histórica, se han concedido 17 subvenciones por importe de 389.223,26 euros. Las principales son para Ardora Filmes, para el proyecto Maruja Mallo, a pintura da transgresión (52.335 euros) y para Directo Producciones, para A illa de papel (44.365,55 euros). Por su parte, Producciones Sanmartin logra tres ayudas para Certificados de morte, pasaporte de vida (30.000 euros), Víctimas do silencio (23.000 euros) y Bandoleiros ou guerrilleros (19.000 euros). Los restantes proyectos apoyados son O trinta, de Tic Tac (30.992 euros), Retratos da represión na Galicia de 1936 , de Filmanova (24.688,99 euros), Non-casamento, de Nemedón (24.873,60 euros), Soños dende o abismo, de Continental (24.312,21 euros), Os 15.000 de Newark, de Anxo Fdez. Prod. (22.119 euros), A illa dos dez, de Radi Video (19.980 euros), Raia Miño. O contrabando: a industria que habia, de Alén Filmes (17.000 euros), San Salvador, de Faro (15.303 euros), As encrobas a ceo aberto, de Ignacio Benedeti (13.494 euros), A luz dos ollos, de Faro (12.500 euros), Memorial de camposancos, de Salvador da Silva (10.836 euros), y O salazón, de Nemedón (4.423,91 euros).
____________________________________________________________

Como se pode apreciar, ós títulos polos cales se acusa a distintos actores e profesionais de ser beneficiados pola acción de goberno non aparecen na lista das únicas subvencións ó audiovisual que o bipartito otorgou ata o momento.

Proba 2: Axudas anteriores.

Se botamos a vista atrás, non moito, basta cun par de anos, comezamos a ver títulos que nos sonan por velos citados tanto no ABC como en Quin2006. Por exemplo, “Heroína”, “Linko Killer Machine”, “Cargo”, “O partido”, “A vida por diante”, entre outros, son productos que efectivamente foron subvencionados e así aparecen recollidos nas ordes do D.O.G do 12 de xuño de 2004 e do 8 de xullo de 2005 sen embargo o firmante das dúas ordes non é outro que Xesús Pérez Varela que por se alguén non o sabe era o Conselleiro de Cultura do partido que agora está na oposición. Mención a parte merecen os casos de produccións como “Hotel Tívoli” mediante a cal, segundo ABC e Quin2006, cobraron os seus favores actores como Carlos Blanco e Luís Tosar. Da a casualidade que AVG, o soportal do audiovisual galego, (portal de internet creado durante a época do PP) ten a xentileza de “colgar” o dossier da película, na que se explica que se comezará a rodar no 2005 (logo a súa financiación foi, previsiblemente no 2004) e que ten prevista a súa estrea no 2006. Esto significa, entre outras cousas, que calquera inxerencia do actual bipartito nesa producción é totalmente imposible. O mesmo acontece no caso de “Galatasaray-Depor”, longametraxe que comezou a rodarse incluso antes que a anterior e que se finalizou no 2005 como tamén nos mostra AVG.

Proba 3: Os productores non entran nas listas negras.

Non fai falla ter un máster para saber que en toda producción o encargado de contratar á xente é o productor, non o goberno de turno. Logo: Carlos Blanco, Luís Tosar, Mabel Rivera, Xosé Barato, Miguel de Lira, Evaristo Calvo, Paula Carballeira, Goldi, Victor Mosqueira, Xesús Ron, Xulio Abonjo e ese longo etc, non son os responsables das obras para as que traballan senón que hai un productor que os contrata, que é o encargado do financiamento da película e tamén de procurar coproductores ou participación das televisións. Da a casualidade de que o productor dalgunhas destas películas é Antón Reixa, quen por outro lado manifestou a súa opinión política publicamente en varias ocasións, outro dos productores é Pancho Casal, e outros dous son Borja Pena e Enma Lustres. Sen embargo, ningún deles parece “fichado” (nin hai motivo para eso, que conste) pois son eles os últimos responsables dos productos segundo os cales se beneficiaron todos eses actores “que lle fixeron o xogo ó goberno”.
A razón de que non se mencione a estas persoas é sinxela: a covardía. Os señores tanto de ABC como de Quin2006 atrévense a ir contra individuos pola simple razón de que a súa capacidade de defensa é pouca. Sen embargo, non teñen o que hai que ter para falar mal de Filmanova, que ten detrás a Caixanova onde seguramente tamén teñen intereses o partido da oposición e a cal pode deixar de anunciarse en ABC cando lle pete co conseguinte perxuizo para ese xornal.
Neste senso, un caso curioso é o da serie “Pepe, o inglés” que segundo estes é máis ou menos, a serie do BNG. Dela se beneficiaron: Miguel de Lira, Marcos “Petete”, Patricia de Lorenzo ou Xesús Ron. Sen embargo dá a casualidade que se trata dunha serie de CTV que pertenece ó mesmo grupo que Editorial Compostela, responsables de entre outros do xornal El correo gallego, un xornal que acabamos de descubrir o seu carácter nacionalista. Ademais, como tamén nos informa AVG, a serie é do 2005, logo todo o proceso de desenvolvemento da mesma, que non é pouco, foi anterior, logo o proxecto tamén foi aprobado durante o goberno do PP.

Proba 4: Desvaríos varios.

Está claro que a intención de quen fixo esta lista era cargar contra tódalas persoa que participaron en Hai que botalos. Pouco importa se tiñan motivo ou non. Así, na lista facilitada por Quin2006 hai persoas sobre ás que se verten críticas sen que eles mesmos saiban dar ningunha explicación. Exemplos: Enrique Otero: Director musical da curtametraxe “Mártires”, subvencionada pola Consellería de Cultura. (Subvencionada no 2004 e distribuida no 2005). Dios ke te crew: Grupo musical de hip-hop que actuou en varias ocasións en Luar. Participante do Festival de A Mocidade coa Lengua, subvencionado por Vicepresidencia da Xunta (Acaban de sacar o seu 1º disco e segundo Quin2006 é un delito tocar nun concerto subvencionado). Alfonso Couceiro: Xefe de son da teleserie da TVG “A vida por diante” (proxecto de serie subvencionado polo PP, contrato coa TVG firmado durante o goberno do PP, tamén traballou en “Terra de Miranda” estando no goberno o PP). Suso Sueiro: Participa na curtametraxe “Miopía”, emitida pola TVG (Efectivamente, Suso Sueiro debe ser unha das persoas que máis se beneficiou, participa nun corto que mercou a tele). Martín Fiallega: Encargado de montaxe na serie “As Leis de Celavella” na TVG (Un montador delincuente dunha serie que nunca foi emitida durante o goberno do bipartito). Xoan Cejudo: Protagoniza a obra “O tío Vania”, que conta coa soporte da Consellería de Cultura (Actor que ten máis anos nos escenarios dos que ten o estatuto de autonomía).
E así poderíamos continuar vendo calumnias e estupideces varias coas que se acusa a determinados profesionais simplemente por ter participado nun filme no que se manifestaban ideas políticas.

Conclusión

Traballar non é un delicto. Traballar no audiovisual significa depender en moitos casos das axudas que concede o goberno e estas axudas acaban sempre nas mans de empresas das que para ben ou para mal depende o traballo de toda esta xente á que se está a inxuriar. Cada un debe ser libre de manifestarse publicamente en favor da causa que considere oportuna e eso ten que ser así goberne quen goberne.
Cando es un profesional dun traballo, como pode ser a interpretación, ou simplemente un técnico calquera, o normal é que aspires a ter unha continuidade no teu traballo e eso foi así cando estaba Fraga, é o mesmo con Touriño, e seguirá sendo o mesmo cando volva o PP que se volverá a atopar con esta mesma xente, porque un traballo no audiovisual non dura 4 anos, nin 16, dura ata que te xubilas. Parécenos covarde, canalla e enormemente desproporcionado que se cargue contra a carreira de profesionais, algúns de valía contrastada, outros aínda en cernes por un simple ánimo vengativo. E se o que se pretende con esto é perxudicar ós profesionais usándoos como cabezas de turco para tapar a desfeita que lle supuxo a este país 16 anos de goberno do hoxe partido na oposición, a verdade é que o mellor é marchar e que vos fodan a todos.

12 eu

é de todos sabido que Luis Tosar protagonizou "Corrupcion en Miami" grazas o BNG. e que diga o contrario é un miserable, traidor de Essspañña etc etc...

tonterias e mais tonterias, agora q non gobernan teñen q pasalo rato

11 Maruxa

Vaites, vaites!!! Estos dos PP son coñeros de verdade!! Ou sexa que Mabel Rivera fixo unha película como "Mar adentro" gracias ó BNG, e Tosar é o gran actor que é gracias o BNG, e Manolo Rivas non escribeu os libros que se di, pois cando se publicaron ainda non gobernaba o BNG,
Daríanlle o Nobel a cela gracias ó BNG??
Da noxo que algén así de carroñeiro nomee a uns e unhas profesionais grandes todos eles coma a copa de un pino, independientemente de que sexan máis ou menos coñecidos, para atacar a unha formación política.

Como será que ,logo, Marisol Bueno, "del PP", segue sendo a presidenta do Consello Regulador Rias Baixas(por máis que a min non me guste eso)si é que os do BNg botaron fora ós que había para meter xente da deles como decía nesa mensaxe do listado algún pepero ou pepera resentido??

Cambiaríase a Bueno para o BNG???

Moita envexa e unha dereita reaccionaria que ve como o país escomenza a despertar.

10 Lugués

É normal que os da lista enchan os elencos de películas, series e programas de TV: é que deben estar case todos os actores do país.

Canto ao tópico en cuestión, tamén é normal que o antigo Colectivo de Non-Adscritos rompa; á fin e ao cabo, o seu elo de unión (denunciar o excesivo peso dos "partidos" dentro do BNG) non é precisamente dos que garantan permanencia. Persoalmente entendo ben a posición de Mera, Bouza e Parga, se é que de verdade se está conformando un "quintanismo" forte: chamaríalle eu así a un polo que promovese un BNG de selo único ante a sociedade, aberto a ela e con vontade gañadora, ou sexa, maioritaria.

Sobre os dos outros grupos, manifesto todo o meu respecto e, ao tempo, incomprensión en relación co que ven e pretenden.

9 Estevo das Estrivadas

Miña nai!!! que medo!!! AS LISTAS NEGHRAS DO PP.

E por certo, que ten a ver isto co tema do tópico en cuestión???