GC Aberto

Nova Política Creativa

É tempo de deixar atrás a vella orde xurdida do fin da Segunda Guerra Mundial en 1945 e superar para sempre os vellos privilexios da política de bloques deseñados por quen na actualidade están a mostran o seu verdadeiro rostro

Por Gamela | GC ABERTO | 08/03/2025

Comparte esta noticia

A Unión Europea necesita crecer e ser adulta, liberándose de "tutela allea".

Trump neno tolo
Trump neno tolo | Fonte: remitida
@NATO funcionou grazas a unha política de DISUASIÓN que ante o avance nuclear da URSS era necesaria para equilibrar a "destrución total asegurada".

Para que este equilibrio sexa real a presenza dos EE.UU. resulta imprescindible á fronte da OTAN e non desde un punto de vista económico senón desde un punto de vista estratéxico (quen dispón dos arsenais nucleares e quen pode decidir a súa utilización para protexer aos socios ameazados).

Desde a chegada de Trump (cal elefante en cacharrería) o imcumprimento dos protocolos de seguridade atlántica fíxose evidente. Trump fala de diñeiro e de aranceis e non distingue entre a seguridade e os negocios. Para a súa lóxica de "mercader" EE.UU. só intervirá se obtén Beneficios. Isto non está en ningún Tratado Internacional nin forma parte dos Protocolos de Nacións Unidas.

Putin neno tolo
Putin neno tolo | Fonte: remitida

Se Europa xa non ten garantías de protección en caso de conflito armado ou a violación das súas fronteiras a Presidenta da Comisión debe modificar inmediatamente os acordos bilaterais entre a UNIÓN EUROPEA e os EUA. Non debemos seguir comprando armas ao Consorcio público-privado estadounidense, DEBEMOS investir no noso propio armamento europeo e AVANZAR en políticas europeas de DEFENSA que proporcionen unha Protección Real aos Socios Europeos ante calquera ameaza externa ( Putin, Trump... ) 

Cando un socio traizoa a nosa confianza, non podemos perder tempo e necesitamos unha Nova Política Creativa que resolva problemas (seguridade, aranceis etc.)

Alguén cré que seguir alimentando o conglomerado militar da NATO sen garantías de que USA manteña os seus "compromisos" servirá para soster a vella política da Disuasión ante un inimigo "incontrolado e insaciable" como mostrou ser Vladimir Putin ?

As sancións impostas pola Unión Europea a Rusia con motivo da agresión a Ucraína serviron para contratar " exércitos mercenarios " en Corea do Norte coa bendición de China "inimigo de USA" vendendo a invasión de Ucraína como lexítima ante Xi Jimping a cambio dun "hipotético" apoio ruso á anexión de Taiwan...

Comisión Europea & Xi Jimping deben iniciar inmediatamente conversacións para resolver temas comerciais entre China e Europa (unha Europa que desexa manter a Orde Mundial baseada no Imperio de Leis Internacionais racionais e sostibles). 

Iniciar conversacións para a modificación do Consello de Seguridade de Nacións Unidas e dotar a este organismo de máis e mellor poder executivo que permita evitar as confrontacións armadas que fan un mundo cada vez máis inseguro para a vida da especie humana. 

Se fose preciso deberamos trasladar ao corazón de Europa a Sede de Nacións Unidas en territorio da Confederación Helvética (que podería converterse no membro 28 da UE)

Reforzar a Corte Penal Internacional é a única garantía para deter a barbarie neste mundo (e perseguir aos criminais de guerra e facer que sexa máis difícil a impunidade ante a comisión de crimes de lesa humanidade como os acontecidos en Gaza por Netanyahu co impúdico respaldo Trump.

É tempo de deixar atrás a vella orde xurdida do fin da Segunda Guerra Mundial en 1945 e superar para sempre os " vellos privilexios " da política de bloques deseñados por quen na actualidade mostran o seu verdadeiro rostro:  OTAN Europa  &  USA Trump  &  RUSIA Putin.

China non é o noso inimigo , é o Imperio máis antigo do mundo e ten dereito a establecer políticas sensatas baseadas en acordos comerciais e deixar atrás as políticas de agresión do século pasado (Corea do Norte).

A seguridade no Pacífico pasa polo control do Mar de China e a vixilancia dos roteiros comerciais a través do Ártico!

A Unión Europea ten un papel importante que xogar no mundo: a Paz Perpetua aínda é posible.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta