Monteagudo repasa a historia recente de Galicia na súa nova novela

Editorial Galaxia informa que estes días comezará a chegar ás librerías do noso país a nova novela de Xosé Montegudo, titulada "Todo canto fomos".

Por GC Tendencias | Vigo | 26/05/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

No argumento atopamos un mollo de historias que dialogan ente si:  Unha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles. Un escritor de novelas policiais, residentes en Londres, que descobre unha verdade sorprendente entre os papeis do legado da súa nai. Unha moza que persiste nun noivado secreto e prohibido. Un emigrante galego na Arxentina que non esquece a súa orixe mentres anda en procura do éxito económico. Un historiador que, arrastrado pola violencia dos acontecementos, lembra os momentos cruciais da súa vida. Estes son algúns dos personaxes que compoñen unha trama na que a normalidade é só a aparencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. "Todo canto fomos" é unha novela que percorre máis de un século de historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue alentando no presente.

Xosé Monteagudo
Xosé Monteagudo | Fonte: AELG

Xosé Monteagudo Folgar (Moraña, 1965) é autor de cinco novelas, todas publicadas por Galaxia. Gañou o Premio Blanco Amor no 2002, por "As voces da noticia" e o Premio García Barros no 2009, por "Un tipo listo". Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa actualmente como técnico de Facenda na Axencia Tributaria. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta