“Estas son as marcas que non mesturan con leite de fóra”

Agromuralla foi un dos grandes protagonistas da última crise do leite. Durante meses lideraron as mobilizacións na provincia de Lugo, incluído o bloqueo do centro da capital.

Por Manuel Vilas | Lugo | 06/09/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Enfrontados aos sindicatos tradicionais e acusados polas centrais de ser un ‘submarino’ do PPdeG no sector, este martes volven a rúa para denunciar que os gandeiros non viron un peso da suba dos bricks nos supermercados. Nesta entrevista o seu voceiro, Roberto López, presume de independencia, explica que marcas debemos mercar para apoiar aos produtores e acusa á Xunta de traballar en favor das industrias. As eleccións autonómicas é outro dos temas desta conversa.

O presidente da Asociación Agromuralla, Roberto López nunha imaxe de Campo Galego durante as protestas de 2015
O presidente da Asociación Agromuralla, Roberto López nunha imaxe de Campo Galego durante as protestas de 2015 | Fonte: campogalego.com

O acordo alcanzado o ano pasado para deter as protestas fixaba que os supermercados subirían o leite nos expositores, para que as industrias trasladaran esta suba ao prezo que lle pagan aos gandeiros.  Até que punto se cumpriu daquela o pactado?

Non se cumpriu. Si que se puido comprobar como a distribución subiu o prezo do leite nos lineais de venta para algunhas marcas, pero os produtores non apreciamos esa suba.  É máis, nos meses seguintes a ditas comunicacións vimos como os prezos caeron e a día de hoxe seguen poñéndonos á firma contratos cos prezos á baixa.

Cada pouco saltan noticias de leite a prezo irrisorios …

Directiva de Agromuralla / Revista Afriga Twitter Reunión de Agromuralla / Revista Afriga Twitter
Directiva de Agromuralla / Revista Afriga Twitter Reunión de Agromuralla / Revista Afriga Twitter

Efectivamente, hai empresas de distribución que con frecuencia seguen a usar o leite como produto reclamo, desvalorizándoo e prexudicándonos a nós.

Vostedes convocaron unha nova protesta para hoxe martes, desta volta sen tractores, na Ronda da Muralla de Lugo ante a situación catastrófica do sector. Se a situación non mellora, volverán os tractores a Lugo?

Iso é algo que neste intre non podemos responder, todo dependerá de como sigan as cousas.

Cada vez que se desata unha crise no sector, a Xunta alega que fai o que pode, pero que non ten competencias para intervir nos prezos como demandan os gandeiros.Como valoran o papel de Medio Rural en toda esta crise?

O papel da Consellería do Medio Rural, ó igual que o resto das Administracións, nesta crise é totalmente insuficiente. Díxosenos que se manteñen entrevistas frecuentes cos responsables da industria e da distribución na Consellería, pero o que vemos na práctica é que a finalidade non é axudar ós gandeiros a conseguir un prezo digno polo noso traballo e polo noso produto, senón manter e aumentar os beneficios desas industrias, levando ó peche cada vez a máis granxas.

Vostedes aseguran tamén que levan tempo detrás da Consellería para ter unha reunión na que trasladarlle as súas preocupacións, sen éxito ...

En canto á entrevista coa conselleira, debemos aclarar que tras publicar no noso facebook as queixas, fomos convocados a unha xuntanza con ela. Xuntanza da cal non sacamos nada novo.

Tamén enviaron unha carta aos concellos solicitando bonificacións fiscais. Unha misiva que a maioría dos municipios din vostedes que nin responderon. Os políticos só se acordan dos gandeiros en campaña?

E a veces nin iso. Os concellos teñen na man poder axudar aos gandeiros, por exemplo, aplicando uns tipos impositivos reducidos no IBI, á vista do atraco a man armada do que somos vítimas co “catastrazo”, o cal agrava a presión fiscal e a crise económica que sufrimos as granxas, pero parece que esta non é unha cuestión prioritaria para a maioría deles.

Os detractores de Agromuralla acúsanos a vostedes, malia a súa belixerancia contra a Xunta, de estar próximos ao PPdeG. Argumentan que varios dos seus directivos militaron en Xóvenes Agricultores, o sindicato agrario máis próximo aos conservadores. Teñen algunha base estas acusacións?

Non, esas acusacións non teñen base ningunha. Esa é unha falacia que algúns usan para desacreditar esta Asociación. Nos estatutos reflexouse con total claridade que os representantes da Asociación non poden ter ningún tipo de vinculación con sindicato, partido político ou entidade, da clase que sexa, que poida ter algún tipo de vinculación con calquera deles, control que se fai por trámites internos. Agromuralla é unha asociación absolutamente apolítica.

A comezos de ano vostedes lanzaron a proposta de crear un novo grupo galego de gandeiros que fose capaz de comercializar o leite directamente. Avanzouse algo neste sentido?

Estamos dando pasos, se ben non vai todo o rápido que nos gustaría pois saír cunha nova marca ao mercado é complicado dada a competencia existente.

Que marca de leite lle recomendarían consumir aos galegos que, como consumidores, queren apoiar aos galegos na súa loita? 

A nivel Galicia marcas como Clesa, Feiraco, Deleite e Quintián, só por citar algunhas de leite envasado.  Tamén hai múltiples queixeirías e pequenos negocios familiares de carácter local que se poden atopar por internet como a Casa Grande de Xanceda, Macan ou Prestes. 

Por que estas e non outras?

Porque son marcas que comercializan leite de gandeiros galegos sen que se mesture con leite procedente doutros lugares de fóra de Galicia.

E para quen viva fóra do país e tamén queira apoiar aos gandeiros?

Para os consumidores de fora de Galicia, ademais das anteriores, das cales algunha non se comercializa fóra da nosa Comunidade Autónoma, podemos citar Gaza ou Central Lechera Asturiana, pois son marcas que envasan leite de gandeiros españois, non de fóra. Tamén podemos citar Don Hilario, Lorán, Queixo San Simón, Lacteos Terra de Melide, Queserías Sarrianas, Queserías Daniel Torres Quesería O Brexeo, Anzuxao e Bama.

De seguir así a situación, recomendarán aos seus asociados votar nalgún sentido nas próximas eleccións autonómicas?

Nos non podemos facer iso, nin sería legal -poderiamos estar incorrendo nun delito-  nin sería ético pola nosa parte. Independientemente de que a Asociación sexa apolítica, non cabe dúbida de que cada persoa ten os seus ideais e non é competencia nin obxectivo de Agromuralla influír neles.

Ticket de leite de Feiraco a 49 céntimos /Agromuralla Oferta de leite Campo Nuestro nun Gadis en Santiago/ M.V. Oferta de leite Campo Nuestro nun Gadis en Santiago/ M.V.
Ticket de leite de Feiraco a 49 céntimos /Agromuralla Oferta de leite Campo Nuestro nun Gadis en Santiago/ M.V. Oferta de leite Campo Nuestro nun Gadis en Santiago/ M.V.
Centos de tractores rodearon a Muralla de Lugo
Centos de tractores rodearon a Muralla de Lugo | Fonte: Iria Palacios
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 GALIZA SI expaña nunca

teñen pinta de votar o pepeiro.... o que os espera e o peche amigos... estamos invadidos pola leite de Francia, xa o decía o bloque o que ia pasar e pasou, onde esta por certo lady chiripas a nena das berzas arruinou o slg e agora anda a viviren ben na europa... onde están os deputados de merdeyha? seica son 5... señores estades votando a xente arruinadora de expañol e asi os vai... seguide asi... seguide!!! agora xa non ides ter nin millo esta todo seco... teredes que vender o matalas o deixalas sin a metade do forraxe e sabede que van subir todolos productos que necesitades pensos, etc e suba de impostos tamen... AQUI TEDES O QUE SEMENTACHEDES VOTANTES DO MONGOLOIDE EXPAÑOLENTO PEPEIRO!

4 Hai que adaptarse ós cambios

Eu xa non bebo leite, nin de vaca, nin de ovella (que o tomei un tempo) nin por suposto estafas vexetais de ningún tipo. E non o merco non sendo que o precise para algunha receita. Si merco derivados do leite, sobre todo queixos, e galegos. Agora mesmo estou mercando seguido San Simón da Costa, pero tamén lle pego ben ó arzua. Con isto quero dicir que o futuro está en non só producir, senon en transformar en produto de calidade. Para iso están as cooperativas. Unha explotación pequena non pode poñerse a transformar soa. Unha cooperativa que una moitas, sí. E repito, orientada a consumo premium, é o único rendible no agro europeo hoxe.

3 Podemos por lebre

É o minimo esexible. Se eu merco un producto galego, non val que me den un producto mesturado, ou de mínima presencia galego. Se eu voto galego...non me poden dar Podemos, porque é un fraude.

1 haiquever

2 Sargo

Non vos tenho moita simpatía. Nin aos dunha banda nin aos da outra. O meu erro é ser de cidade "cidade proviciana onde as haxa". Unha vez dito isto, pregunteilhe a un curmán da aldea que ten unha granxa cunhas 40 vacas si algún día as sacaba a moverse un pouco polo campo, como facían antes. Díxome que non. Que son vacas leiteiras e que están toda a vida encadeadas e o único que fan e cagar, comer e dar leite. Así que non vos tenho en grande consideración. Creo que estades a torturar aos animais, cando sempre vos tivera, falo da minha infancia, por xente que coidaba dos animais. Perdíchedes toda a humanidade. Só vos quedan os cartos. A ver canto vos duran. Non me venhades conque merque este leite ou estoutro. Eu non merco leite de torturadores de animais; senha leite galego ou francesa.

1 Sargo

Merco leite. Pero tanto me tenhen os torturadores franceses, como os holandeses como os galegos. Un conselho: Non vaides por aí. Ides por mal caminho. Quen vos dirixe ten pensamentos de hai 40 anos. Está atrasado.

2 eumateix

As vacas encadeadas é umha cousa dos 90. Ainda existem alguns estábulos desse tipo, mas som principalmente pequenas fazendas que estám a desaparecer aos poucos (normalmente com 7 - 10 vacas, senhores que se estám a reformar). A imensa maioria hoje procede de fazendas com estabulaçom livre. As vacas de carne costumam estar livres.

3 Sargo

Alégrome que así senha. Espero que por lei non quede ningunha destas características en pouco tempo. Tedes que incidir niso. As vosas campanhas tehen que incidir en que proceden de fazendas con estabulación livre, como ben dis ti. Non en que merque leite galego porque sí. Todos imos polo prezo, menos aos que lhes sobran ou rouban, como todos sabemos. Pero sí que tería en conta cómo viveu esa vaca para logo mercar o leite. O resto dame igoal.

4 haiho

.

1 Que si

Claro que si isto é máis sospeitoso que as becas de Errejón http://www.diarioliberdade.org/arti...

1 isabel

¿Non sei porque os queixades. non votades o pp? pois ahora toca recoller o froito ¡¡¡