Todas as enquisas apuntan a unha nova maioría absoluta de Feijóo, a unha semana das eleccións

Unha onda de sondaxes para distintos medios dálle unha vitoria contundente ao PPdeG, con entre 38 e 44 escanos. En Marea superaría o PSdeG ou habería empate técnico, e o BNG podería quedar sen grupo parlamentario propio ao non chegar aos 5 escanos. Ciudadanos móvese entre 0 e 3 representantes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/09/2016 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

Todas as enquisas coinciden en outorgarlle a Alberto Núñez Feijóo a súa terceira maioría absoluta no Parlamento galego. A día de hoxe, ningunha sondaxe contempla a posibilidade dun goberno alternativo e as incógnitas, coas enquisas comparadas, son: a contundencia coa que gañarían os populares e, polo tanto, o grao de absolutismo co que volverían gobernar; se En Marea finalmente superará o PSdeG, ou se os socialistas resistitán como segunda forza; se o BNG poderá frear o seu declive e salvar os mobles como cuarta forza política e con grupo propio, e se Ciudadanos logrará entrar no Parlamento galego.

Resultados da enquisa de GAD3 comparados cos das últimas eleccións xerais
Resultados da enquisa de GAD3 comparados cos das últimas eleccións xerais | Fonte: Electograph.

O que non cuestiona ningunha enquisa é que o PPdeG gañaría de novo de maneira esmagadora. Segundo varias sondaxes publicas hoxes, o Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo revalidaría a maioría absoluta; En Marea, capitaneada polo maxistrado Luís Villares, pasaría ao PSdeG de Xoaquín Fernández Leiceaga e consolidaríase como segunda forza no Pazo do Hórreo; o BNG, encabezado por Ana Pontón, non lograría grupo parlamentario propio na Cámara galega (o mínimo de escanos son 5); e Ciudadanos móvese entre obter un par de escanos ou non conseguir ningún.

PP: ENTRE 38 E 44 ESCANOS

As enquisas publicadas este domingo en varios xornais galegos e estatais outorgan ao Partido Popular de Galicia entre unha vitoria xusta, con 38 escanos (o límite da maioría absoluta) e un triunfo esmagador, con 44 deputados (tres máis que os que obtivo nas últimas eleccións). Entre as sondaxes que lle conceden unha vitoria máis estreita atópase a de Sondaxe para 'La Voz de Galicia' —38 deputados-—, a de Celeste-TEL para o diario.es —entre 38 e 40—, a de Einvenio para 'Faro de Vigo' e 'La Opinión de A Coruña' —entre 38 e 39— e a de Sigma Dos para 'El Mundo' —entre 38 e 41—.

Pola súa banda, as enquisas de GAD3 para 'ABC' e de Metroscopia para 'El País' outorgan ao PP unha maioría absoluta algo máis ampla, nunha pinza de entre 39 e 41 deputados. A sondaxe de NC Report publicada no xornal 'La Razón' concédelle aos populares un escano máis: entre 40 e 41.

Resultados da enquisa de Celeste-Tel comparados cos das últimas eleccións xerais
Resultados da enquisa de Celeste-Tel comparados cos das últimas eleccións xerais | Fonte: Electograph.

Pero de todas, a enquisa que lle concede unha maioría moito máis folgada ao Partido Popular é a de Infortécnica, publicada en 'La Región' e 'Atlántico Diario', que lle dá aos conservadores: entre 42 e 48 escanos, facendo unha media de 44 (actualmente, o PP conta con 41 escanos).

EN MAREA VS PSdeG

Todas as sondaxes, agás dúas —as de 'La Región' e 'ABC'— sitúan a En Marea como segunda forza, pasando deste xeito ao PSdeG, que deixaría de liderar a esquerda galega (actualmente conta con 18 escanos). A enquisa de 'La Voz de Galicia' é a que máis escanos lle concede á formación de Luís Villares, cun total de 20 escanos para En Marea e tan só 13 para o PSdeG, seguida polas sondaxes de 'Faro de Vigo', 'La Razón', 'El País' e 'El Mundo', que lle outorgan a En Marea, se se colle a cifra máis baixa e a máis alta, entre 16 e 18 deputados.

Con todo, as enquisas de 'La Región' e 'ABC' manteñen o PSdeG en segundo lugar, con 15 e entre 16 e 17 deputados, respectivamente. De feito, nestas sondaxes, En Marea só acada 13 e entre 14 e 16 escanos. Podería haber, pois, un empate técnico entre ambas as dúas forzas.

AS INCÓGNITAS DO BNG E DE CIUDADANOS

Outra das incógnitas que arroxan estas enquisas é se o BNG manterá ou non o seu grupo parlamentario no Pazo do Hórreo, sendo a sondaxe publicada en 'El Mundo' a único que lle concede esa posibilidade, con entre catro e seis deputados. Pola súa banda, o resto das enquisas outórganlle entre dous e catro escanos, insuficientes para formar grupo parlamentario propio.

Tamén é outra incógnita se Ciudadanos conseguirá representación parlamentaria por primeira vez en Galicia. A enquisa máis positiva para a formación laranxa é a publicada en 'Faro de Vigo', que lle dá entre dous e tres deputados, que non lle valerían de nada se se cumpren os prognósticos da maioría absoluta para Feijóo. Pola súa banda, a sondaxe de 'La Voz de Galicia' e a de 'La Región' lle outorgan un escano, mentres que o resto de enquisas se moven entre cero e dous.

Resultados da enquisa de Sondaxe comparados cos das últimas eleccións xerais
Resultados da enquisa de Sondaxe comparados cos das últimas eleccións xerais | Fonte: Electograph.
Resultados da enquisa de Infortécnica comparados cos das últimas eleccións xerais
Resultados da enquisa de Infortécnica comparados cos das últimas eleccións xerais | Fonte: Electograph.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

11 Ted Flanders

Canto mais tempo pasa mais a gusto me sinto en Madrid......Xente normal! os ricos e os cabezas cuadradas votan ao PP e os traballadores e os intelectuais a unha ou outra esquerda.....vamos o normal no mundo mundial......En Galicia NON! canto mais burro mais "gallego" e mais voto para España (y olé!) ala! que vos den...

10 balbino

Outros 4 anos co narco-presidente, complice do verdadeiro terrorismo en Galicia que levou por diante unha xeración enteira e incluso arrastrou a nais e pais a ir mercar a dose o ver os seus fillos sufrir.

1 Nemo

El domingo comprobarás que la inmensa mayoría de los gallegos preferimos a Feijóo con todos sus defectos a morir de hambre o ser asesinados por los esbirros socialistas, como ocurre en vuestra amada Venezuela bolivariana. Como vas a sufrir mucho sería mejor que pusieras fin a tus sufrimientos. A fin de cuentas a vosotros os gusta la eutanasia.

2 meretriz

En lugar de Nemo non deberías chamarte MEMO?

9 Antiordenadores do AGE

Pola agresividade dos trols habituais en GC e Praza ( Comunista Abuelo Cebolleta e tal) e pola afluencia de colonizdos para ver aos paracaidistas do primeiro mundo, a campaña da Marea debe ir moi pero que moi mal. Un pouquiño de tranquilidade, "camaradas",

1 meretriz

Si vai bastante mal. Non xuntan nin a metade de antes. O outro día fun a un mitin e daba pena.

8 John McNamara

O único xeito de que o PP non consiga a maioría absoluta é que o BNG saque dous deputados pola provincia da Coruña e manteñan os de Lugo e Ourense. Se isto non pasa, temos 4 anos de Feixoadas...

1 M. Meixide

O "único xeito" é ter menos cara, contar menos trolas, limpar a propia casa... Comezamos? Ninguén dimitiu non pediu disculpas polos cheques de Vendex, pola Sicav do eurodeputado Camilo Nogueira, polas loterías de Fernando Blanco e amizades perigosas con Dorribo (incluidas portas xiratorias), por Massó en Cangas e os caladiños de Caixanova ao servido de Gayoso... Para que seguir... E sendo h as Mareas una candidatura galega, non había razón para non confluir (xa sei que eles tampoco vos querían, pois tiñan medo a unas primarias onde o BNG ten máis organización). E tamén sei que nas Mareas tampoco son limpos: Pam a insultadora tampoco dimitiu. Pero o "único xeito", non queridiño, pasácheste de listo.

7 Galahaz

Todas as enquisas de LVG que lembro das últimas eleccións autonómicas infravaloraron SEMPRE o voto ao PP: En 2005, cando se daba por feito a perda da maioría absoluta de Fraga, derrota que ao final foi por un só escano, manténdose o suspenso até o reconto final do voto emigrante; en 2009, cando as mellores previsións para o PP dábanlle a Feijoo entre 35 e 36 escanos e ao final conseguiu a absoluta; e en 2012, cando nunha enquisa semellante á actual, con LVG dándolle a absoluta a Feijóo por escasa marxe, ao final acabou por obter 41 escanos. Conclusión: non hai nada que facer, dígoo para que non botemos as mans á cabeza cando o domingo á noite Feijóo tire 42 ou 43 escanos.

1 Galahaz

Ao respecto, interesante artigo neste mesmo medio de hai catro anos a menos de dez días das eleccións: http://www.galiciaconfidencial.com/...

2 Nemesio

Normal. PSOE y nacionalistas varios le hicieron gratis la campaña al PP, con su fanatismo y sectarismo tribal.