Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/11/2016 | Actualizada ás 12:58
O Estado español terá que facer fronte a unha multa de 46,5 millóns de euros polas grandes deficiencias atopadas polos inspectores europeos en Vigo, Ribeira e Santiago, así coma noutras 14 cidades.
De feito, a Comisión Europea anunciou que levará a España ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea por incumprir as normas en materia de recollida e tratamento de augas residuais nestes concellos. Amparándose nunha sentenza anterior que obriga ao cumprimento de recollida por supór "riscos significativos para a saúde humana", pedirá que se lle impoña unha elevada multa.
Non é a primeira vez que o Goberno español ten que facer fronte a este tipo de sancións, especialmente, polas deficiencias en depuración de augas residuais, como aconteceu en varias ocasións coa situación de algunhas depuradoras en Vigo e a rexeneración do río Lagares.
De feito, Bruxelas xa levou a España ante o tribunal por este motivo e, en 2011, a sentenza fallou en contra das autoridades españolas e apuntou deficiencias en 37 puntos urbanos a pesar de que o prazo para aplicar a normativa terminara no ano 2000. Cinco anos despois, 17 cidades de Galicia, Andalucía, Asturias, Valencia e Canarias seguen sen cumprir as normas, pondo en "risco" a saúde de 1,4 millóns de persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.