Vigo sitúase á cabeza con diferenza, coas festas de Coia e o verán como picos de ruído. Lugo, pola contra, perde ruído nos meses de verán, cando a xente deixa a cidade. Outras cidades como é o caso de Ferrol xa non manifestan niveis de contaminación acústica elevados en ningún mes do ano 2023.
  comenta   0
A APDR destaca que no propio documento de Ence exponse que "esperan non pasar de 14 millóns de metros cúbicos de auga anuais" e indican que aumentará o número de camións que se movan ao redor da factoría. A empresa recoñece que o cheiro "será inevitable que aumente" ao incrementar a emisión de gases.
  comenta   0
A respeito do Foro Fieito que declara sua intenção:«dar un paso a favor del desarrollo industrial sostenible y de la transición ecológica« que nasce como consequência da rebelião popular contra o anuncio da instalação duma fábrica de celulose no coração da Galiza: A Ulhoa.
  comenta   0
Os rapaces e rapazas do instituto de Félix Muriel decidiron emprender este mércores a comunicación de guerrilla para concienciar sobre a contaminación: montaron un posto no mercado no que venderon lixo modelado con formas artísticas a cambio de tempo, non de cartos. Exactamente a cambio do tempo en que cada tipo de residuo tarda en degradarse. A acollida foi marabillosa.
  comenta   0
Os traballadores do Centro de Coordinación do Tráfico e Salvamento Marítimo de Fisterra explican a Galicia Confidencial como realizan a xestión dunha emerxencia dende que reciben o aviso por parte dun particular ata que deciden os medios a despregar, coa dificultade que en moitas ocasións supón o ubicar exactamente no lugar onde se produxo o suceso. Tamén somos testigos dun episodio directo de vixilancia sobre a contaminación dos mares.
  comenta   0
O Galicia Confidencial tivo a oportunidade de visitar o centro de coordinación de Tráfico e Salvamento Marítimo en Fisterra da man do seu xefe, Manuel Capeáns Álvarez, que nos profundou na labor que realizan dende esta unidade. No 2023 atenderon 469 persoas e controlaron 38.259 buques que pasaron fronte ás nosas costas.
  comenta   0
O 'Informe Macrolixos das costas españolas', elaborado polo proxecto 'A España Azul' en decembro de 2023, encabezado polo naturalista e explorador Nacho Dean, documenta o estado de tres ecosistemas galegos pondo o foco na contaminación por plásticos.
  comenta   0
A contaminación dos plásticos é das máis preocupantes para o medio ambiente, pero tamén chega ata os seres humanos. "Os nanoplásticos están ata na auga da billa, e mesmo na auga embotellada, polo desprendemento do propio plástico co que está feito o envase", detalla o experto a Galicia Confidencial.
  comenta   0
Ecoloxistas dan a "benvida" á nova normativa, pero piden máis medios e formación na xustiza. Jaime Doreste, avogado especializado, destaca que o Código Penal español xa recolle "en boa medida" as novidades introducidas.
  comenta   0
"Non se trata de sacar unha cousa e meter as outras debaixo da alfombra", sinalou o patrón maior da Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa, Juan José Rial Millán.
  comenta   0
As bandeiras de conveniencia son vistas por parte de sectores vinculados ao mar como pavillóns piratas, unha proba da inseguridade laboral e xurídica en caso de accidente marítimo. Detrás delas están países cunhas condicións fiscais e sociais moi beneficiosas para navieiras, empresas de pesca e outros sectores vinculados ao tráfico marítimo.
  comenta   0
Maersk notifica mediante correo electrónico ao Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra e a Sasemar, a perda do seis colectores, un deles o que contiña plásticos, o día 8.
  comenta   0
O Executivo remitirá este xoves a petición formal ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, coas necesidades de Cantabria para facer fronte aos traballos necesarios ante a chegada destes microplásticos ás súas costas.
  comenta   0
Clicka en cada punto para desprazarte ata as praias que che interesen ou simplemente fai un percorrido por todas elas dándolle a continuar.
  comenta   0
A secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, advertiu de que "aquí a única contaminación que hai é a contaminación política da oposición que pretende sacar rédito electoral dun tema que para nós é de especial importancia".
  comenta   0
A Fiscalía de Medio Ambiente anunciou a posible toxicidade dos pellets de plástico chegados á costa de Galicia. Sobre a composición química destes plásticos sábese que son bases de polietileno con estabilizadores contra raios ultravioleta. Porén, tanto biólogos como químicos non se pronuncian con firmeza sobre os efectos que poderían ter na cadea trófica que acaba no ser humano.
  comenta   0
Sinala que as barreiras de hidrocarburos poderían servir para controlar a vertedura e insta a levar a cabo unha "actuación global". A Unidade Especializada no medio Ambiente da Fiscalía Xeral do Estado abriu dilixencias de investigación sobre a vertedura de 'pellets' nas costas galegas.
  comenta   0
Esta é a información recollida en mapas públicos compartidos polos propios voluntarios a través dos grupos de WhatsApp e Telegram creados para organizar as labores de limpeza.
  comenta   1
A Xunta tamén responsabiliza ao Goberno central da vertedura de plásticos, a pesar das alertas que os ecoloxistas deron desde o pasado mes. O Goberno central asegura que deu aviso Pontón pide a comparecencia de Rueda por este novo episodio de contaminación mariña.
  comenta   0
O patrón maior de Noia, Santiago Cruz, lamenta que "ao cabo de anos, se non se recollen a tempo, ao degradarse o material soltará as substancias tóxicas que poderían filtrarse aos mosluscos, aos berberechos e á ameixa".
  comenta   0
Dende os concellos gobernados polo BNG e dende o propio partido instan á Xunta a "esixirlle ao Estado todos os medios a disposición para a limpeza, non só na costa, senón tamén no mar, e actuar e colaborar coa administración estatal coma se fixo sempre ante este tipo de verquidos". A Xunta asegura que xa traballa cos concellos.
  comenta   0
Os e as mariscadoras da ría de Arousa denuncian que a elevada mortaldade de ameixa e berberecho, así como afectación nas bateas, ten como responsable a falta de coidado da ría. Apuntan a verteduras incontroladas, aumento de temperatura na auga e sobre todo, de falta de salinidade na ría, como elementos determinantes nas perdas económicas que están sufrindo.
  comenta   0
Apunta a unha acumulación nas larvas de lamprea dalgúns metais que "supera centos de veces os máximos que impón a Unión Europea", ademais de "niveis de cadmio que son 500 % máis elevados" nos brións que nos ríos galegos non contaminados.
  comenta   0
A Confraría de Barallobre, en Fene, púxose en contacto co 112 para informar desta mortalidade e que desta forma manteranse "vixiantes", porque hai bancos marisqueiros na desembocadura do río.
  comenta   0
Son datos dun novo mapa ofrecido polo Observatorio Ibérico da Minería (MINOB), que sinala que esta cifra só se ve superada polos 24 xacementos investigados en Andalucía. Con todo, as investigacións continúan e poderían ser máis.
  comenta   0
Un informe de Ecoloxistas en Acción analiza datos recolleitos entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro en 32 estacións de control da contaminación atmosférica, chegando á conclusión de que 2,1 millóns de galegos respiraron aire poluído. Os precursores do ozono van dende a maquinaria ata a gandaría e os lumes.
  comenta   0