Máis de 7.000 sinaturas en Galicia para recuperar Filosofía en segundo de Bacharelato

Pretenden recuperar esta asintura a través dunha iniciativa lexislativa popular no Parlamento galego.

Por E.P. | A CORUÑA | 09/08/2017 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

Profesores e profesoras de Filosofía que iniciaron en maio unha campaña para reclamar, a través dunha iniciativa lexislativa popular no Parlamento galego, a inclusión desta materia en segundo de Bacharelato solicitaron xa unhas 7.500 firmas en apoio a esta iniciativa.

Profesores de Filosofía recollen firmas en Vigo.
Profesores de Filosofía recollen firmas en Vigo.

Disto informou a ex-deputada do BNG e profesora do IES Politécnico de Vigo, Carme Adán, coincidindo cun acto de recollida de firmas na Coruña, á que asistiron, para expresar o seu apoio, o rexedor coruñés, Xulio Ferreiro, e a vicepresidenta provincial, Goretti Sanmartín.

Xunto ao investigador e catedrático de Filosofía Jorge Álvarez Yagüe, Adán manifestou que esta iniciativa busca que se inclúa unha materia que a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce), coñecida como 'lei Wert', "retirou das aulas".

"É imprescindible que o alumnado teña posibilidade de facerse preguntas, de formarse en cidadanía e ter unha reflexión crítica", expuxo Adán. "Sen filosofía non hai pensamento", insistiu na mesma liña que Jorge Álvarez, quen instou á cidadanía a "pronunciarse" sobre esta cuestión.

APOIO INSTITUCIONAL

Pola súa banda, o alcalde herculino mostrou o seu apoio a unha iniciativa que os seus promotores esperan levar ao Parlamento galego antes de que acabe agosto. "É unha reivindicación lexítima", insistiu Xulio Ferreiro. Tamén cualificou de "economicista e mercantilizadora" a actual lei educativa porque, ao seu xuízo, busca só "servir para formar man de obra".

"Hai que ter unha visión máis ampla da educación", engadiu ao demandar que sirva tamén para formar a "persoas críticas". Por outra banda, insistiu en que a Xunta ten "competencias" para incluír esta materia como obrigatoria.

Na mesma liña, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, cualificou de "fundamental" incluír "a reflexión e os valores" no sistema educativo. Por iso, pediu ao PP que admita esta iniciativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Nexus 6

Mientras sea estudiar a Platón, a Aristóteles, a Kant o a Heidegger no hay problema. Pero si las clases las dan naziocomunistas separatas....malo. Empiezan enseñando Ética a los chavales y terminan todos terroristas. ¿Qué les enseñan hoy a los niños en los colegios? Esa mier da de educación para la ciudadanía o la asquerosa parafernalia del correlíngua. En lugar de estudiar los clásicos, los héroes de la historia española que forjaron el mayor Imperio conocido, aquei en el que no se ponía el sól. Y en la enseñanza sólo un idioma, el Español. ¿Qué es eso del bilingüismo? Eso suena a cochinada.

1 Manufpz

Canto sensacionalismo barato entre tanta verborrea.

1 Nemesio

Carme a divina chupando camara agora que perdeu a poltrona de deputada. O Politécnico é pouco para ela.