Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/08/2017 | Actualizada ás 10:20
Ikeda Munehiro, debuxante xaponés de 78 anos e un referente da ilustración a nivel internacional, será un dos invitados estrela da segunda edición do Encontro de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada.
Munehiro realizou o que se considera o primeiro caderno de viaxe do Camiño de Santiago. E, desta vez, volve a Santiago para debuxar cos participantes deste evento e explicar a súa aventura no Camiño de Santiago que lle levou a percorrelo nos anos 80 cun caderno onde ía debuxando todo o seu percorrido, prestando especial atención á arte románico.
O resultado daquel traballo foi un libro con máis de 400 debuxos que hoxe se pode ver no Museo das Peregrinacións. Tras aquela viaxe, o mestre xaponés que orienta a súa arte cara á escultura, mostra nas súas obras unha gran influenciada por aquela experiencia ata tal punto de que na maioría das súas exposicións en Xapón nunca falta a figura dun peregrino.
Xunto ao mestre Ikeda Munehiro no Encontro participarán cuadernistas de primeiro nivel como os madrileños Jorge Arranz, Alfredo e Joaquín González Dorao, o francés Lapin, a galega Branca Escrigas, a alemá Isabel Seidell, as portuguesas Fernanda Lamelas e Teresa Escrigas, o zaragozano Santiago Ríos e o valisoletano Mr. Zé.
A segunda edición do Encontro, que dirixe Miguelanxo Prado, celebrarase en Santiago entre o 8 e o 12 de novembro e reunirá a figuras nacionais e internacionais de primeiro nivel. A temática para este ano son os Camiños a Santiago e con este fío de fondo realizaranse conferencias e exposicións sobre o Camiño da Costa, o Camiño do Norte, o Camiño Francés e a propia cidade de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.