“Bandeira Negra” a Sacyr polas minas de San Finx

Denuncian os verquidos con metais pesados tóxicos que se veñen producindo de forma continuada e a ameaza que supoñen as presas de residuos mineiros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/10/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Ecologistas en Acción, que agrupa 340 colectivos e conta con máis de 30.000 membros en todo o Estado, incluiu por primeira vez no seu Informe Banderas Negras 2017 ás Minas de San Finx, outorgándolle unha “bandeira negra por contaminación” en base aos verquidos con metais pesados tóxicos que se veñen producindo de forma continuada e pola ameaza que supoñen as presas de residuos mineiros das que a concesionaria, filial de Sacyr, non quere facerse cargo.

Mina de San Fins, en Lousame
Mina de San Fins, en Lousame

O Informe é resultado da análise sobre a situación ambiental das costas e do entorno litoral que realiza a Área de Medio Marino de Ecologistas en Acción, no que se destacan as zonas con peor estado ambiental do Estado e as actuacións irresponsables por parte de administracións públicas, que promoveron a destrucción ou teñen posto en perigo o litoral.

“Frente á imaxe idílica das Bandeiras Azuis”, desde Ecologistas en Acción lembran “a degradación á que se está sometendo ás nosas costas, colocando en risco o delicado equilibrio entre recursos e acción humana que posibilita que a nosa Ría sexa unha das zonas marisqueiras máis ricas e productivas do Estado”. 

Ademais, sumándose á iniciativa de Ecologistas en Acción, Vida e Ría anunciará a concesión deste “galardón” á Mina de San Finx nun acto a organizar en Noia e enviará unha bandeira negra ao presidente de Sacyr, Manuel Manrique.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta