Santiago rememorará o Banquete de Conxo con vocación "de quedar no calendario"

Os actos terán lugar no paseo do Río Sar deste histórico barrio, un espazo que será aberto a mediados de marzo logo de ser rehabilitado. Esta celebración nace coa intención de fixarse entre as datas festivas da cidade. Búscase implicar aos veciños do barrio, da propia capital galega e de toda Galicia.

Por E.P. | Santiago | 02/03/2018 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

A presentación dos actos tivo lugar este venres 2 de marzo, no 162 aniversario do Banquete de Conxo. Daquela un grupo de estudantes en que figuraban nomes como o de Eduardo Pondal, Manuel Murguía ou Aurelio Aguirre, convidaron a unha comida popular a artesáns e obreiros de Compostela. O banquete é lembrado coa frase "Que non naceu para escravo o home", dito por Aurelio Aguirre nun do tres brindes pronunciados. Este acto polo seu carácter "interclasista" e progresista foi considerado "subversivo" polas autoridades da época.

Martiño Noriega presenta a festa do Banquete de Conxo
Martiño Noriega presenta a festa do Banquete de Conxo

O acto de presentación fíxoo o alcalde de Santiago, Martiño Noriega. Este acto terá lugar na Carballeira de Conxo, o lugar orixinal do xantar. Este área está a ser recuperada e a  senda peonil á ribeira do río Sar abrirase á cidadanía a mediados do presente mes de marzo. Martiño Noriega quixo engadir que "temos unha oportunidade para reivindicar a historia do barrio de Conxo, pero tamén para reivindicar valores como a liberdade de expresión, a igualdade ou a diversidade cultural".

21 E 22 DE ABRIL

Durante este mes de marzo desenvolveranse actividades relacionadas co Banquete, pero as datas centrais serán o 21 e o 22 de abril. O día 21 abrirá cun mercado de artesanías e libros instalado na propia Carballeira de Conxo e durará os dous días. Ademais, haberá mesas redondas sobre o Banquete e o barrio que ata 1925 foi concello independente.

En paralelo haberá actuacións musicais, actividades infantís e visitas ao longo do camiño fluvial. Todo rematará o 22 de abril cun xantar ao que estarán convidada tota a veciñanza de Conxo e Santiago para recuperar o espírito que inspirou no 1856 aos autores da cita.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Ideaza

Era boa idea que o organizase Çidadanía de Organización de Banquetes de Conxo SL

3 celebracion bizarra

homes pero que dis, un.ha cousa e facer un.ha iniciativa política desde partidos e asociacions nacionalistas galegas (e non soamente bng) e outra utilizar o concello de santiAGE de componendas para un.ha xornada "gastroeconomica" da marea de podreiros da comunista española, xa non podedes engañar, ademáis esta ben que lembres o patriotico acto nacionalista, polo tanto o concello de santiAGE non e o primeiro non ha necesidade de que fagan o acto, que xa foi feito por outros con un.has motivacions moitisimo mais correctas o que pretende a marea de podreiros e engañar a xente, cebalas con chourizos e churrasco nunha bacanal de viño barato de expañol (tetabric-jumilla) , que despois ides ter que tomar sal de froitas bicarbonatada, que os vai sentar mal a utilización espurea do nacionalismo

2 Para manicomios Conxo

Dubido moito que Eduardo Pondal ou Murguía quixesen celebrar a denominada "diversidade cultural" (léase substitución do pobo galego por inmigrantes) como di o vago e mareante da boina.

1 comunista independentista

Tampouco creo que os promotores daquel banquete se identificasen con xenófobos supremacistas, neonazis e racistas coma vostede. Eran xente culta.

2 Para manicomios Conxo

Ti semellas un chisco retrasado, non? Por definición, os xenófobos son os que nos queren exterminar físicamente e substituirnos por outros chegados de fóra.

1 CARPANTA O MORTO DE FAME

que vegonza, agora a marea de podreiros non soamente comparten o ideario e os intereses do partido putrefacto na Galiza, sinon que agora utilizan os mesmos medios, BANQUETES DA POPULAR, agora o alcalde a repartir polbos (dos cefalópodos octupusianos-tentaculares, os outros son con v e non me refiro a grans de diminutos de área) ou carne estilo o caldeiro, tamen darán pan e patcas fritidas ... si levantasen a cabeza os nacionalistas de principios do seculo vinte sentiría noxo do espectáculo proposto pola alcaldía, anda e utiliza os cartos públicos para outro tipo de necesidades urxentes, agora confirmase que o alcalde e un golfiño-merendiño

1 O que queda do BNG

Pero non fixéchedes un Banquete de Conxo hai dous anos e medio os do BNG con aquela marca branca de Iniciativa pola Unión (do Pobo Galego), antecedente da fracasadísima Nós-Ca.Ga? Agora o criticas? Ai Gonzalito! Pódeche o teu fanatismo enfermizo blocallo, non as pensas, e ao final sempre che sae mal o tiro. Anda ho, deixa de facer o ridículo con tanto odio.